Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.)
Infotaula de personaEdgar Wallace

(1928) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Richard Horatio Edgar Wallace Editar o valor em Wikidata
1 de abril de 1875 Editar o valor em Wikidata
Greenwich, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 1932 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , novelista , escritor , escritor de ciencia ficción , poeta , dramaturgo , guionista , director de cinema Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoSuspense Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosBryan Edgar Wallace (pt) Traducir, Penelope Wallace (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiRichard Horatio Marriott Edgar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webedgarwallace.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0908624 Allocine: 68478 Allmovie: p165859 IBDB: 5220
BNE: XX964880 Musicbrainz: 92956c78-bf1c-48e4-bf52-5201eaa556f4 Discogs: 439938 WikiTree: Wallace-18892 Find a Grave: 9683672 Editar o valor em Wikidata

Richard Horatio Edgar Wallace, nado en Greenwich o 1 de abril de 1875 e finado en Beverly Hills o 10 de febreiro de 1932, foi un novelista, dramaturgo e xornalista británico, pai do suspense moderno e aclamado mundialmente como mestre da narración de misterio. Ademais é o autor do guión orixinal do filme King-Kong.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no número 7 de Ashburnham Grove, no distrito londiniense de Greenwich. Era fillo ilexítimo do actor Richard Horatio Edgar e da actriz Marie Richards. Foi adoptado por George Freeman, mozo do mercado de peixe de Billingsgate. Entre os 12 e os 16 anos traballou en varias imprentas, unha zapatería, unha fábrica de impermeables, como cociñeiro nun buque, como albanel e como repartidor de leite.

Prestou os seus servizos no Rexemento Real de West Kent, en Inglaterra, de 1893 a 1896, e no Corpo Sanitario Militar de Suráfrica de 1896 a 1899; comprou a súa renuncia militar en 1899 para dedicarse ao xornalismo. Durante a primeira guerra mundial serviu como subinspector da sección de Lincoln's Inn da Policía Especial (para velar pola seguridade do Palacio de Buckingham), e traballou para o Ministerio da Guerra como interrogador especial dos ex-prisioneiros procedentes dos campos de concentración alemáns.

Foi correspondente en Suráfrica da axencia Reuter (1899-1902) e do Daily Mail (1900-1902); fundou e dirixiu o Rand Daily Mail, de Johannesburgo (1902-1903); dirixiu The Week-End Racing Supplement e a sección de carreiras de cabalos do Evening News (1910-1912); fundou os xornais deportivos Bibury's Weekly e R. E. Walton's Weekly (1913); dirixiu Ideas e The Story Journal (1913); colaborou en 'Town Topics, que logo dirixiu (1913-1916); fundou The Bucks Mail (1930); dirixiu, só nominalmente, a revista Hush (1930-1931); dirixiu o Sunday News (1931). Colaborou así mesmo en máis de cincuenta publicacións periódicas de Suráfrica, Inglaterra e Estados Unidos.

Foi presidente reelixido do Club da Prensa (1923-1924) e fundou o Press Club Fund, institución benéfica para xornalistas, aínda vixente. Instituíu o Derby Lunch (1923), comida anual en honra da Carreira Derby, e motivou ao Jockey Club para que modificase o regulamento das carreiras de cabalos (1929). Dirixiu varias obras teatrais, así como as películas Red Ace (1929) e The Squeaker (1930), baseadas en obras súas.

Traballou como actor en The Crimson Circle, inspirada nunha novela súa de 1929. Presidiu a xunta directiva da compañía cinematográfica British Lion Film Corporation a partir de 1927. En 1931 presentouse como candidato ao Parlamento polo Partido Liberal, sen éxito. Ese mesmo ano marchou a Hollywood, onde faleceu despois de escribir para a R.K.O. o guión orixinal de King Kong (10 de febreiro de 1932).

Escribiu poesía, artigos, crítica teatral (no Morning Post), teatro, cinema, contos, historia e novelas. O seu labor xornalístico púxolle en contacto frecuente co mundo do crime. Axiña que se atopaba investigando o rapto dun embaixador en Marrocos como pescudando no Congo se os funcionarios belgas practicaban a tortura, ou sonsacando polos barrios baixos de Vigo un contramaestre ruso o motivo de que o seu barco disparase contra a costa inglesa (por esta causa, o contramestre foi executado tras sufrir un consello de guerra). Visitaba con frecuencia Old Bailey (Tribunal do Criminal, en Londres) para facer as súas reportaxes, e interrogaba a condenados á morte (chegou a ofrecer 5 000 libras ao Dr. Armstrong para que lle confesase a historia completa dos seus envelenamentos). Convidaba a comer a ex presidiarios e gustaba de relacionarse con personaxes do hampa, até o punto de que estivo asociado durante seis meses con "Ringer" Barrie, estafador do mundo das carreiras de cabalos, a quen alugou un negocio ilegal onde se vendían tips (prognósticos hípicos confidenciais) a cinco libras. En tres ocasións practicou a estafa por correo para estudar as súas técnicas. O resultado foi o interesante artigo "Eu puiden ser un delincuente con éxito". Era asiduo lector do Police Journal, unha publicación reservada á Policía e que el recibía periodicamente, e coñecía a obra de criminalistas clásicos como Mantegazza e Krafft-Ebing. O seu prestixio como coñecedor do mundo do crime motivou que a policía alemá reclamase a súa axuda para atrapar o "Vampiro de Dusseldorf", e que se lle nomease subinspector da Policía Especial para protexer a vida da súa Maxestade.

Obra

[editar | editar a fonte]

Poesía

[editar | editar a fonte]

Relatos africanos

[editar | editar a fonte]

Novelas de suspense

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]