Escola Municipal de Música Folk e Tradicional | |
---|---|
Sede da escola | |
Tipo | Escola de música |
Data de fundación | 2009 |
Fundador(es) | Rodrigo Romaní |
Director/a | Rodrigo Romaní |
Localización | |
Sede | Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo |
Enderezo | R/ García Barbón, 5 36201 |
En | Vigo |
País | Galicia |
42°14′16″N 8°43′11″O / 42.237911111111, -8.7196138888889 | |
Na rede | |
https://www.etradvigo.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-trad) é unha escola musical da cidade de Vigo. Está dirixida por Rodrigo Romaní. A escola ademais é a responsable da orquestra folk SonDeSeu, que forma parte da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO).
O centro desvinculouse da Escola de Artes e Oficios de Vigo por motivos de políticas laborais, aínda que seguen a compartir o edificio da rúa de García Barbón.
A escola céntrase na ensinanza das músicas galegas e a súa execución cos instrumentos tradicionais na nosa cultura. Os cursos están organizados en dous itinerarios distintos: o básico e o medio-avanzado. Ao mesmo tempo as ensinanzas impártense segundo instrumento podendo asistir a aulas grupais (entre distintos instrumentos). A escola tamén imparte cursos monográficos e aulas abertas.