A dupla xornada laboral[1][2] ou dobre xornada laboral[3] denomínase á suma entre o traballo no mercado laboral e o traballo doméstico.[4]
Este concepto parte da consideración de que das persoas presentes no mercado laboral a finais do século XIX e inicios do século XXI había unha diferenza fundamental entre mulleres e homes á hora de combinar o traballo asalariado co traballo doméstico,[5] de tal xeito que o traballo dos coidados era asumido maioritariamente polas mulleres.[6][7] A distinta implicación en tempo no traballo reprodutivo deu lugar a unha procura dun cambio social.[8] Un fito importante na procura dun cambio foi o chamamento a unha folga de coidados na folga feminista no ano 2018.