Duke Ellington
Duke Ellington en 1965
Nome completoEdward Kennedy "Duke" Ellington
AliasDuke Ellington, Duke, the Duke
Data nacemento29 de abril de 1899
Nado enWashington, D.C.
Falecemento24 de maio de 1974, Nova York
 Nova York
Causacancro de pulmón
SoterradoCemiterio de Woodlawn
CónxuxeEdna Thompson
FillosMercer Ellington
OcupaciónCompositor e pianista
XéneroJazz
Instrumento(s)Piano
Selo(s) discográfico(s)United Artists e outros.
Tempo en activo1914-1974
PseudónimoDuke Ellington
Na rede
http://www.duke-ellington.com/
IMDB: nm0254153 TV.com: people/duke-ellington IBDB: 11631
Facebook: dukeellington Spotify: 4F7Q5NV6h5TSwCainz8S5A iTunes: 39525 Last fm: Duke+Ellington Musicbrainz: 3af06bc4-68ad-4cae-bb7a-7eeeb45e411f Songkick: 67111 Discogs: 145257 Allmusic: mn0000120323 WikiTree: Ellington-1 Find a Grave: 318 Deezer: 57504 Genius: Duke-ellington Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Duke Ellington no Hurricane Club (1943).

Edward Kennedy "Duke" Ellington, nado o 29 de abril de 1899 e finado o 24 de maio de 1974, foi un pianista, compositor e director de jazz estadounidense.

Traxectoria

Duke Ellington foi unha das figuras do jazz máis importantes do século XX, aínda que Ellington podería non ter estado de acordo coa descrición, xa que era remiso a describir o seu traballo coma algo máis específico ca "música". O termo jazz era demasiado estreito para Ellington.

Pola orquestra de Duke Ellington pasaron algúns dos máis grandes nomes do jazz, entre outros: Johnny Hodges, Cootie Williams, Bubber Miley, Joe "Tricky Sam" Nanton, Barney Bigard, Ben Webster, Harry Carney, Juan Tizol, Sonny Greer, Otto Hardwick, Clark Terry, Jimmy Blanton, Lawrence Brown, Louie Bellson, Ray Nance, Paul Gonsalves, Wellman Braud e William "Cat" Anderson.

Moitos destes músicos tocaron na orquestra de Ellington durante décadas e, aínda que moitos non destacaron de seu, foi o xenio de Elligton quen os mesturou nunha das máis coñecidas unidades orquestais da historia do jazz. As súas composicións foron decote escritas especificamente para o estilo e as habilidades destes músicos, tales coma "Jeep's Blues" para Johnny Hodges, "Concerto for Cootie (Do nothing till you hear from me)" para Cootie Williams e "The Mooche" para Tricky Sam Nanton. Tamén gravou cancións escritas polos seus músicos coma "Caravan" e "Perdido" de Juan Tizol.

Ellington foi un dos persoeiros afroamericanos máis coñecidos do século XX. Gravou para moitas casas de discos estadounidenses e apareceu en varios filmes. Ellington e a súa orquestra foron de xira por todo Estados Unidos e Europa con regularidade antes da segunda guerra mundial. Logo da guerra, seguiu a viaxar por todo o mundo.

Selección discográfica

Véxase tamén

Bibliografía