Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1841 Rosende, España |
Morte | 5 de setembro de 1932 (90/91 anos) Lugo, España |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Ramón Neira Montenegro |
Dositeo Neira Gayoso, nado en Rosende (Sober) en 1841 e finado en Lugo o 5 de setembro de 1932,[1][2] foi un fidalgo e político galego.
Fillo de Ramón Neira Montenegro e Ramona Gayoso Ulloa. Dedicouse á carreira diplomática, foi secretario do duque de Osuna, cando era ministro plenipotenciario de España en Rusia. Elixido senador pola provincia de Lugo en 1893 e 1894, pola provincia de Ourense en 1901 e 1902, novamente pola provincia de Lugo de 1905 a 1907, finalmente foi nomeado senador vitalicio en 1910. Foi concelleiro de Lugo e deputado provincial. Vencellado a El Progreso, foi defensor dos perceptores de rendas na campaña antiforal desencadeada polo agrarismo.
Casou con Purificación Pedrosa Ulloa e foi pai de Ramón e Blanca Neira Pedrosa.