Dorothea Erxleben
Retrato contemporáneo de Dorothea Erxleben
Datos persoais
Nome completoDorothea Christiane Leporin
Nacemento13 de novembro de 1715
LugarQuedlinburg, Reino de Prusia
Falecemento13 de xuño de 1762
LugarQuedlinburg
Nacionalidadeprusiana
CónxuxeJohann Christian Erxleben
FillosJohann Christian Erxleben e Johann Heinrich Christian Erxleben
Actividade
Campomedicina, feminismo
Alma máterUniversidade de Halle
Contribucións e premios
Coñecida porPrimeira muller en obter o doutoramento en medicina en Alemaña
Influído porLaura Bassi
editar datos en Wikidata ]

Dorothea Christiane Erxleben (nada Leporin), coñecida tamén como Dorothea Erxleben, nada en Quedlinburg (Reino de Prusia) o 13 de novembro de 1715 e finada na mesma cidade o 13 de xuño de 1762, foi unha médica alemá célebre por ter sido a primeira muller en obter un doutoramento en medicina en Alemaña, na Universidade de Halle, en 1754.[1]

Traxectoria

A unha idade moi temperá foi instruída en ciencia básica, latín e medicina polo seu pai, Christian Polycarp Leporin, médico que exercía en Quedlinburg.[2] [3] A médica italiana Laura Bassi (profesora universitaria, inspirouna para loitar polo seu dereito a practicar a medicina.

En 1742 publicou o tratado Gründliche Untersuchung der Ursachen, die das weibliche Geschlecht vom Studiren abhalten ("Investigación exhaustiva das causas que impiden que o xénero feminino estude") argumentando que a muller debería poder acceder á universidade.[4]

Despois de ser admitida para o estudo por unha dispensa do rei Frederico II o Grande,[5] Erxleben recibiu o seu doutoramento en medicina na Universidade de Halle en 1754.[4]

Analizou e divulgou os obstáculos que impiden á muller estudar, ser ama de casa e coidar da familia.[6]

Foi a nai do naturalista Johann Christian Erxleben (1744-1777).[1]

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 Schiebinger, Londa (1990): "The Anatomy of Difference: Race and Sex in Eighteenth-Century Science", en Eighteenth Century Studies 23 (3): 387-405.
  2. Sutherland, M. (1985): Mujeres que enseñan en Universidades (Trentham Books) p. 118.
  3. "Erxleben, [née Leporin] Dorothea (Christiana)" no The Palgrave Macmillan Dictionary of Women's Biography.
  4. 4,0 4,1 Offen, K. 2000. European Feminisms, 1700-1950: A Political History, Stanford University Press, p. 43.
  5. Sutherland, M. 1985. ''Mujeres que enseñan en Universidades (Trentham Books) p. 118.
  6. Sutherland, M. 1985. Women Who Teach in Universities (Trentham Books) p. 118.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos