Donna Reed | |
---|---|
Nome completo | Donna Belle Mullenger |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1921 |
Lugar | Denison |
Falecemento | 14 de xaneiro de 1986 |
Lugar | Beverly Hills |
Causa | cancro de páncreas |
Soterrado | Westwood Village Memorial Park Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educada en | Los Angeles City College |
Cónxuxe(s) | William J. Tuttle e Tony Owen |
Profesión | actriz de televisión, actriz de cinema, actriz e activista pola paz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Donna Belle Mullenger, nada en Denison (Iowa) o 27 de xaneiro de 1921 e finada en Beverly Hills (California) o 14 de xaneiro de 1986 foi unha actriz estadounidense, coñecida como Donna Reed.
Nada nunha granxa, cando acabou o instituto planeou facerse mestra, pero non podía pagar a universidade, así que decidiu seguir o consello da súa tía e marchar a California a estudar en Los Angeles City College. Alí participou en varias obras teatrais, pero sen ter intención de ser actriz. Tras recibir ofertas de varios estudios, asinou un contrato con Metro-Goldwyn-Mayer, pero insistiu en acabar os seus estudos.[1]
Debutou no cinema en 1941, sendo acreditada como Donna Adams, mais a MGM decidiu cambiarllo a Donna Reed.[2]
En 1953 interpretou o papel de Alma "Lorene" Burke, moza da personaxe de Montgomery Clift en De aquí á eternidade. Por este filme gañou o Oscar á mellor actriz secundaria.[3]
Entre 1958 e 1966, Reed protagonizou a serie de televisión The Donna Reed Show. Tras acabar o show retirouse parcialmente da interpretación. En 1984 substituíu a Barbara Bel Geddes na serie Dallas.
Finou en 1986 vítima dun cancro de páncreas.
Ano | Título |
---|---|
1941 | The Getaway |
1941 | Shadow of the Thin Man |
1941 | Babes on Broadway |
1942 | Personalities |
1942 | The Bugle Sounds |
1942 | The Courtship of Andy Hardy |
1942 | Mokey |
1942 | Calling Dr. Gillespie |
1942 | Apache Trail |
1942 | Eyes in the Night |
1943 | The Human Comedy |
1943 | Dr. Gillespie's Criminal Case |
1943 | The Man from Down Under |
1943 | Thousands Cheer |
1944 | See Here, Private Hargrove |
1944 | Gentle Annie |
1945 | The Picture of Dorian Gray |
1945 | They Were Expendable |
1946 | Faithful in My Fashion |
1946 | Que fermoso é vivir |
1947 | Green Dolphin Street |
1948 | Beyond Glory |
1949 | Chicago Deadline |
1951 | Saturday's Hero |
1952 | Scandal Sheet |
1952 | Os forasteiros |
1953 | Trouble Along the Way |
1953 | Raiders of the Seven Seas |
1953 | De aquí á eternidade |
1953 | The Caddy |
1953 | Gun Fury |
1954 | They Rode West |
1954 | Three Hours to Kill |
1954 | The Last Time I Saw Paris |
1955 | The Far Horizons |
1956 | The Benny Goodman Story |
1956 | Ransom! |
1956 | O sexto fuxitivo |
1956 | Beyond Mombasa |
1958 | The Whole Truth |
1974 | Yellow-Headed Summer |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donna Reed ![]() |