Donald Crisp
Nome completoGeorge William Crisp
Alcume/outrosDonald Crisp e James Needham
Nacemento27 de xullo de 1882
LugarBow
Falecemento25 de maio de 1974
LugarVan Nuys
CausaIctus
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeReino Unido
Educado enEton College e Universidade de Oxford
Cónxuxe(s)Jane Murfin
Profesiónactor, director de cinema, escritor, actor de cinema, intérprete, guionista e produtor de cinema
Na rede
IMDB: nm0187981 Allocine: 2434 Rottentomatoes: celebrity/donald_crisp Allmovie: p86224 TCM: 41166 TV.com: people/donald-crisp IBDB: 36704
WikiTree: Crisp-312 Find a Grave: 8529 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

George William Crisp, nado en Londres o 27 de xullo de 1882 e finado en Van Nuys (California) o 25 de maio de 1974 foi un actor británico, coñecido como Donald Crisp.

Traxectoria

Educouse na Universidade de Oxford e participou na guerra anglo-bóer. Mentres viaxaba a América nun barco en 1906, a súa voz durante un concerto chamou a atención do empresario de ópera John C. Fisher, que lle ofreceu un traballo na súa compañía. Pasou o primeiro ano na Grand Opera en Nova York e os anos seguintes como director de escena. Nunha xira polos Estados Unidos e Cuba comezou a interesarse en seguir unha carreira teatral.

En 1910 coñeceu e fíxose amigo do director D.W. Griffith. Cando Griffith marchou a Hollywood en 1912, Crisp foi con el. Entre 1908 e 1930 apareceu nun cento de filmes como actor e dirixiu unha ducia. A maioría foron papeis pequenos, agás en The Birth of a Nation onde interpretou o xeneral Ulysses S. Grant.

Durante a primeira guerra mundial serviu no exército británico, mentres na Segunda serviu na U.S. Army Reserve, acadando o rango de coronel.

Un dos seus papeis máis destacados no cinema sonoro foi o do taciturno pai de Que verde era o meu val (1941), dirixida por John Ford, co que gañou o Oscar ao mellor actor secundario. Seguiu traballando ata que tivo máis de oitenta anos.

Filmografía

Actor

Director

Véxase tamén

Ligazóns externas