Donalbai | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Begonte[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°07′41″N 7°41′32″O / 43.12813889, -7.69219444Coordenadas: 43°07′41″N 7°41′32″O / 43.12813889, -7.69219444 |
Poboación | 144 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Donalbai é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o IGE en 2014 tiña 151 habitantes (77 homes e 74 mulleres), 43 menos ca en 2004 (101 homes e 93 mulleres) e 51 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
O topónimo Donalbai podería ter orixe no nome de posuidor Albanus a través do xenitivo (Villa) Dŏmĭni Albani.[2]
Igrexa parroquial de San Cristovo. En Tras do Castro e no monte das Medorras hai restos de túmulos megalíticos, e na Medorra está a Moural de Armental. En 1982 descubriuse unha mámoa e unha machada de pedra con perforación central do final do Megalítico.[3]
Segundo a lenda, do castro de Donalbai saíron tres irmáns (Grandeu, Albai e Senén), que lle deron nome aos barrios de Dongrandeo, Donalbai e Senande.[4]
Lugares da parroquia de Donalbai no concello de Begonte (Lugo) | |
---|---|
O Areal | Armental | Donalbai | Dongrandeo | A Eirexe | Esportel | A Modia | Senande | Tras do Castro |