-
Casa do concello de Vilagarcía de Arousa, inaugurada o 25/1/1891.
-
Igrexa de San Tomé de Caldas de Reis.
-
Igrexa de Santiago de Viascón.
-
Fachada da igrexa de San Marcos de Corcubión, restaurada por D. Sesmero.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1811 Medina del Campo, España |
Morte | 24 de agosto de 1899 (88 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Alejandro Rodríguez Sesmero |
Domingo Rodríguez Sesmero (nalgunhas ocasións asinaba como Domingo Sesmero)[1], nado en Medina del Campo o 4 de agosto de 1811 e finado na Coruña o 24 de agosto de 1899, foi un arquitecto castelán que traballou en Galicia.
Estudou na escola dependente da Real Academia de la Purísima Concepción de Valladolid. Deseñou a casa do concello de Mojados, na súa provincia natal.
En Pontevedra deseñou a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e xunto ao seu fillo Alejandro Sesmero deseñou o Pazo da Deputación de Pontevedra.
En Vigo deseñou o Teatro Rosalía de Castro e o Teatro Circo Tamberlick. Tamén dirixiu a restauración da fachada da igrexa de San Marcos de Corcubión. Foi arquitecto da diocese de Tui de 1882 a 1886.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domingo Sesmero |