Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1889 |
Morte | 18 de setembro de 1956 (67 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Domingo Maza Calvo, nado en Santiago de Compostela o 21 de marzo de 1889 e morto en Buenos Aires (Arxentina) o 18 de setembro de 1956, foi un escultor galego que desenvolveu a súa actividade na Arxentina.
Despois de estudar Artes e Oficios en Santiago, emigrou a Arxentina ós 19 anos.[1] Alá destacou polas obras de imaxinería relixiosa, entre as que cómpre cita-las esculturas de San Bosco, os santos Cosme e Damián ou San Cristovo, así como o Cristo do altar maior da catedral de Bos Aires.[2]
Recibiu diferentes premios e medallas, alcanzando un éxito notable.
Probablemente, a sona de Domingo Maza vénlle de terselle atribuído autoría da máscara da cara[3] e dun baleirado en xeso da man dereita de Castelao,[4] de quen fora amigo persoal, á súa morte e que se conservan no Centro de Galicia de Bos Aires.[5] No mesmo Centro consérvase unha cabeza xacente de Castelao, feita en madeira por este escultor.[3] Tamén esculpiu os bustos de Lamas Carvajal,[6] Alexandre Bóveda[1] e Curros[7] . Foi autor de diversas ilustracións publicadas na revista Céltiga.[1]
Ademais do seu labor como escultor, Domingo Maza foi presidente da Irmandade Galega e fundou a revista Compostela (Bos Aires, 1938), da que foi o primeiro director.