Disque Cool | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 2011 |
Na rede | |
http://www.disquecool.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Disque Cool é unha revista dixital en lingua galega que comezou a publicarse en abril de 2011, se ben foi oficialmente lanzada en maio do mesmo ano.[1] É unha das páxinas de referencia da escena alternativa e indie de Galicia, e dedica os seus artigos ás novas tendencias en cine, música, tecnoloxía, moda ou decoración.[2] O seu nome resulta da combinación dos termos "disque" (seica, din que) e "cool" (o que é tendencia).
Logo da súa fundación en 2011, no seu primeiro ano tivo unhas 200 000 visitas de máis de 40 000 usuarios, cunha media de 2 000 visitas diarias.[3]
No 2018 estaba clasificada no posto 22 entre os medios en galego máis visitados na rede.[4]
Este artigo sobre xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |