Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1981 (43 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Os Ánxeles |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Venezuela |
Educación | San Francisco Art Institute (en) Escola Preparatoria Malibú |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , guitarrista , cantante , músico , debuxante |
Período de actividade | 2002 - |
Xénero artístico | Folk e folk rock |
Lingua | Lingua inglesa e lingua castelá |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | XL Recordings |
Páxina web | devendrabanhart.com |
Devendra Obi Banhart, nado en Houston (Texas) o 30 de maio de 1981, é un cantante, compositor e artista visual estadounidense.
Criouse coa súa nai en Venezuela, ata que se mudou a California na súa adolescencia. Comezou a estudar no San Francisco Art Institute en 1998, pero deixouno para tocar música en Europa, San Francisco e Os Ánxeles. Banhart publicou o seu álbum de estrea no ano 2002, e continuou gravando o seu material nos selos Young God e XL, ademais de traballar tamén en recompilatorios ou facendo colaboracións.