Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.)
Localización dos desertos en Australia.

Os desertos de Australia cobren unha gran porción do chan australiano. A maior parte dos desertos atópanse na rexión central e noroeste do país. A maior parte de Australia é desértica ou semiárida. O tamaño total dos desertos en Australia suman 2,3 millóns de km e ocupa un 44 % do territorio continental.

Desertos de Australia

[editar | editar a fonte]
Deserto Estado/Territorio Tamaño (km²) Chan australiano (%)
Gran Deserto de Vitoria Australia Occidental, Australia Meridional 348.750 4,5%
Gran Deserto Areoso Australia Occidental 267.250 3,5%
Deserto de Tanami Australia Occidental, Territorio do Norte 184.500 2,4%
Deserto de Simpson Territorio do Norte, Queensland, Australia Meridional 176.500 2,3%
Deserto de Gibson Australia Occidental 156.000 2,0%
Pequeno Deserto Areoso Australia Occidental 111.500 1,5%
Deserto de Strzelecki Australia Meridional, Queensland, Nova Gales do Sur 80.250 1,0%
Deserto Pedregoso de Sturt Australia Meridional, Queensland, Nova Gales do Sur 29.750 0,3%
Deserto de Tirari Australia Meridional 15.250 0,2%
Deserto de Pedirka Australia Meridional 1.250 < 0,1%
Deserto do Oeste (non oficial) Australia Occidental, Australia Meridional 524.750 7,0%

Superficie ocupada

[editar | editar a fonte]

Posto que a área dun deserto é difícil de medir con exactitude, a continuación móstrase unha táboa con datos de diversas fontes sobre as superficies dos principais desertos de Australia.

Deserto Menor tamaño estimado (km²) Maior tamaño estimado (km²)
Gran Deserto Areoso 338.500 415.000
Gran Deserto de Vitoria 338.500 650.000 [1][Ligazón morta]
Deserto de Gibson 155.000 310.800
Deserto de Simpson 100.000 584.500 [2][Ligazón morta]

Outros desertos

[editar | editar a fonte]