A descontinuidade de Gutenberg é a superficie de descontinuidade que marca a separación entre o manto inferior e núcleo externo da Terra, situada a uns 2 900 km de profundidade.
Caracterízase porque as ondas sísmicas S non poden atravesala, e porque as ondas sísmicas P diminúen bruscamente a súa velocidade, pasando de 13 a 8 km/s.
Baixo este límite é onde se xeran as correntes electromagnéticas que dan orixe ao campo magnético terrestre, grazas á acción convectiva do rozamento entre o núcleo externo, formado por materiais ferromagnéticos e o manto.
Leva o nome do seu descubridor, Beno Gutenberg, sismólogo alemán, que a descubriu en 1914.[1]
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |