Demetrio I Cantacuzeno | |
---|---|
Nacemento | 1343 |
Falecemento | 1383 |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Pai | Mateo Cantacuzeno |
Nai | Irene Paleóloga |
Fillos | Tomás Cantacuzeno, Andrônico Paleólogo Cantacuzeno, Jorge Paleólogo Cantacuzeno e Helena Cantacuzena, emperatriz de Trebisonda |
Irmáns | Helena Asanina Cantacuzena, João Cantacuzeno, sen etiquetar e sen etiquetar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Demetrio I Cantacuzeno (en grego Δημήτριος Καντακουζηνός Demetrios Cantacuzenós) foi déspota da Morea en 1383 e neto do emperador Xoán VI Cantacuzeno (r. 1347–1354).
Demetrio era fillo de Mateo Cantacuzeno, o gobernador de Morea, e Irene Paleoloxina. A Demetrio foille dado do título de sebastocrátor polo emperador Xoán V Paleólogo en decembro de 1357 e foi para o Peloponeso con seu pai e avó en 1361.[1].
Un dos dous fillos de Mateo Cantacuzeno disputou a sucesión do Despotado de Morea con Teodoro I Paleólogo, o fillo de Xoán V, entre 1380 e 1384. A única información sobre o evento é unha referencia críptica na Oración Fúnebre do emperador Manuel II Paleólogo para seu irmán Teodoro, que observa a insubordinación do "fillo" de Mateo Cantacuzeno, que usurpara o goberno na morte de Manuel Cantacuzeno en 1380. A visión tradicional é que este fillo foi Xoán, non Demetrio; con todo Dionysios Zakythinos, un historiador do Despotado do Peloponeso, inclinouse a pensar que o fillo foi Demetrio[1]. De acordo co bizantinista Donald Nicol, "este problema pode dificilmente ser satisfactoriamente resolto con base na evidencia documental dispoñíbel"[2].
O número exacto dos seus fillos e descendentes é incerto. Unha lista posíbel é[3]: