D-lactato deshidroxenase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 1.1.1.28 | ||||||||
Número CAS | 9028-36-8 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
|
D-lactato deshidroxenase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura cristalina da D-lactato deshidroxenase, un encima respiratorio de membrana periférico. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Lact-deh-memb | ||||||||
Pfam | PF09330 | ||||||||
Pfam clan | CL0277 | ||||||||
InterPro | IPR015409 | ||||||||
SCOPe | 1f0x / SUPFAM | ||||||||
|
A D-lactato deshidroxenase (número EC 1.1.1.28)[1] é un encima que cataliza a seguinte reacción reversible:
piruvato + NADH + H+ ⇌ D-lactato + NAD+
O seu nome sistemático é (R)-lactato:NAD+ oxidorredutase. Outros nomes que recibe son: D-ácido láctico deshidroxenase, D-LDH, D-láctico deshidroxenase. Existe en eucariotas e procariotas.
En Lactobacillus bulgaricus o encima ten dúas subunidades iguais de 332 aminoácidos e durante o peche do dominio do centro activo un grupo de residuos de aminoácidos hidrofóbicos rodea o grupo metilo do piruvato, e a especificidade do substrato depende de polo menos tres destes residuos.[2][3]
Na D-lactato deshidroxenase de Escherichia coli existe un dominio de unión á membrana. Este consta dunha grande folla beta de sete cadeas antiparalelas flanqueada a ambos os lados por hélices alfa. Permite a asociación a membranas.[4]