Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 (41/42 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela (–2004) Universidade Autónoma de Barcelona RTVE Instituto |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Empregador | RTVE (2006–) |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa |
Cristina Olea Fernández, nada en Vigo en 1982, é unha xornalista galega.
Realizou a súa formación inicial na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Xornalismo en 2004. Tamén fixo o máster en Xornalismo de Televisión do Instituto RTVE e o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Humanidades pola Universidade Autónoma de Barcelona.
Dende o ano 2006 traballa en Televisión Española como cronista parlamentaria e posteriormente na sección de internacional. Foi enviada especial a diversos países do mundo, entre as que destaca a cobertura das eleccións dos Estados Unidos de 2012 cando Barack Obama saíu elixido presidente e o conclave de 2013 no que foi elixido Jorge Mario Bergoglio como novo Papa da Igrexa católica co nome de Francisco.[1]
Dende 2018 é correspondente de Televisión Española en Washington, D.C. (nos Estados Unidos).[2] En xaneiro de 2021 entrevistou o expresidente estadounidense Barack Obama para o programa Informe Semanal.[3]