Couto | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Couto. Entrada Leste | |
Concello | Taboada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°44′12″N 7°46′55″O / 42.7368, -7.7819Coordenadas: 42°44′12″N 7°46′55″O / 42.7368, -7.7819 |
Área | 6,2 km² |
Poboación | 160 hab. (2014) |
Densidade | 25,81 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Couto é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 160 habitantes (75 homes e 85 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 206 habitantes.
A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.[2]
Lugares da parroquia de Couto no concello de Taboada (Lugo) | |
---|---|
Baiuca | Bandomil | Carballal | O Cruceiro | Fontao | Igrexa | Lustiás | Mariz | Millán | Outeiro | San Martiño | Santa Marta |