Corvo grande
Corvus corax

Corvo grande no Parque Nacional Yosemite, USA


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Corvus
Especie: C. corax
Nome binomial
Corvus corax
Linnaeus, 1758
Área de distribución do corvo grande
Área de distribución do corvo grande

Área de distribución do corvo grande
Subespecies
De 8 a 11, segundo os autores

O corvo grande[2] ou corvo carnazal (Corvus corax) é, con máis de 60 cm, a especie máis grande do xénero Corvus e da familia dos córvidos. É semellante ao corvo viaraz (Corvus corone) pero significativamente maior, cun peso de 1 250 g e unha envergadura de ás de 120 cm. A plumaxe é dun negro acibeche con irisacións azuis. Ten o pico negro moi robusto. Non existe un marcado dimorfismo sexual.

En voo chama a atención polo seu longo pescozo e pola súa cauda cuneiforme. O seu canto é característico e coñecido como corveo ou corvear. Non obstante é capaz de imitar sons doutros paxaros e mesmo doutros animais, chegando ata pronunciar palabras soltas.

Hábitat e cría

[editar | editar a fonte]

O corvo atópase nunha extensa zona de distribución no hemisferio norte terrestre, dende o norte de África, a través de toda Europa, Asia e América do Norte e Central. Prefiren os montes abertos de fronda e coníferas, montañas, estepas, cantís e mesmo a tundra ártica. É unha especie bastante adaptable e tamén pode atoparse en pobos rurais e mesmo nos suburbios das cidades.

Choca os seus ovos (3-6) durante unhas tres semanas entre febreiro e maio. Os seus niños atópanse entre as cornixas de rochas ou penedos ou en árbores, e acostuman estar feitos de poliñas e lama.

O corvo grande é omnívoro. Aliméntase de vermes, pequenos vertebrados, sementes, millo, froitos, carniza e lixo orgánico.

[editar | editar a fonte]

Ver un corvo no camiño ou nas proximidades da casa é agoiro de morte próxima, por ser negro, por comer carniza e polo seu berro agudo e característico. Por iso, cando se vexa hai que dicirlle: "Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta". Segundo Xosé Ramón Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por Plinio.

Corvo agoreiro,
vaite lixeiro,
que nesta porta
non hai carne morta.

—Popular.[3]

Refraneiro

[editar | editar a fonte]

Cantigueiro

[editar | editar a fonte]

Galería

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. BirdLife International (2012). "Corvus corax". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 23 November 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do corvo carnazal. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 113. ISBN 84-7154-379-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]