Por favor: engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non se esqueza de asinar (co segundo botón pola dereita da caixa de edición http://gl.wikipedia.org/style/images/button_sig.png, ou con catro ~~~~, ou na parte inferior co primeiro signo pola dereita dos caracteres especiais).

Mensaxes antigas:



Wikipedia aragonesa[editar a fonte]

De cando en vez colaboro coa [Wiki aragonesa], hai pouco a portada desa wiki foi vítima do spam (propaganda pornográfica), borrei a portada e puxen un aviso, escribín ao único administrador e a un usuario, sen obter resposta. Sabes a quen teño que acudir para que revertan a portada orixinal? Supoño que terá que haber alguén que se encargue das wikis pequenas que non teñen administradores efectivos.--Rocastelo 19:59, 17 Xan 2005 (UTC)

visto[editar a fonte]

visto no emilio xa tentarei que a informacion se parezca e menos posible os fontes orixinais, non obstante podes dispor da miña informacion para o teu uso. espero seguir colaborando como antes. Como podiches comprobar o 70 % copianse uns os outros se fuse a haber problemas serios co CopyRight, atreberiame a dicir que xa non haberia internet. un saudo--Xelo2004 23:09, 18 Xan 2005 (UTC)

Mapas dos concellos[editar a fonte]

Ola. Xa rematei de facer os mapas de situación dos concellos (se chego a saber que eran tantos non me tería ofrecido a facelos XD). Comezarei a subilos pouco a pouco e quería que me explicases exactamente como engado os templates nos que dixeches que estabas traballando (nunca subin un arquivo e non sei moi ben como vai isto pero aprendo moi axiña ;-)). Un Saúdo --Alyssalover 23:40, 18 Xan 2005 (UTC)

boa estructura e correccions[editar a fonte]

estive ben, suprimiche alguhas cousas na xeografia pero o resto, con outra estructura, eso si, conserva todo o posto (magoa non dispoñer de datos actualizados para o gando) pero vin outra causa que penso debe de ser correxida; ate o de agora tratei que os quilometros fosen en galego (penso que habria que sustituir Km2 polo qm2 - aunque este ultimo soe a quintais metricos)--Xelo2004 00:45, 19 Xan 2005 (UTC)


Uso do Galego[editar a fonte]

A solución podería estar en pasar os datos a porcentaxes, na páxina que queres crear informando dos datos da caixa dos concellos, habería que o indicar e explicar. Os datos son de decembro de 2001 (data do censo), dado a coñecer en 2004 (creo que en marzo), non haberá outro censo ata 2010 ou 2011 e efectivamente os datos absolutos quedarán cada volta máis desfasados.--Rocastelo 22:06, 20 Xan 2005 (UTC)

Outra posibilidade sería crear varios niveis no uso do galego, por exemplo:
Nivel A: aqueles concellos onde máis do 90% usa sempre o galego(ou mesmo sumando sempre e ás veces)
Nivel B: máis do 75%
Nível C: máis do 50%
Nivel D: menos do 50%
Aínda que non me acaba de gustar esta posibilidade, non son datos precisos, a non ser que se creen dúas entradas unha para os datos xerais e outra para os menores de 30 anos, deste xeito si sería indicativo da perda, recuperación ou mantemento da lingua en cada concello.--Rocastelo 22:17, 20 Xan 2005 (UTC)

Quizais o mellor é que os datos de uso queden fóra da caixa, e vaian no artigo, xunto a historia, xeografía, economía, festas... crear en cada concello a categoría Situación do galego, onde irían os datos do censo do 2001, se é posible comparados co de 1991 (non atopei eses datos no IGE, habería que mirar no INE), e de conseguirmos que xente de cada concello aporte datos, ilo agrandando con máis información: a posible existencia e actuacións de servizos de normalización lingüística no Concello, colexios e institutos, plans de normalización lingüística locais, se o rueiro está en galego, medios de comunicación (revistas de asociacións, colexios, radios locais en galego)... ou calquera outra información obxectiva, esta información podería ser moi útil para todos os que se interesen pola situación social da lingua. En todo caso haberá que o discutir na Taberna.--Rocastelo 15:22, 21 Xan 2005 (UTC)

desculpas[editar a fonte]

non sabia quen era o usuario. e pensei que se estaba a tratar dun vandalismo. xa que nas miñas opcion non se me ofrecia a vista por enriba. as miñas desculpas--Xelo2004 19:39, 21 Xan 2005 (UTC)

non sabria exactamente dicir[editar a fonte]

estive a botarlle unha ollada a alguns libros e en xeral dispoño dos datos para o concellos de galicia dende 1900, so dispoño de datos de 1860 para as seguinte abadin, baleira, baralla, begonte, boveda, carballedo, castro de rei, castroverde, o corgo, cospeito, chantada, friol, guitiriz, guntin, O incio, lancara lugo, meira, monforte de lemos, outeiro de rei, panton, paradela, o paramo, a pastoriza, pobre de brollon, pol, portomarin, rabade, samos, sarria, o saviñao, sober, taboada, triacastela, vilalba e xermade. poderia dispor ate 1887 para salvaterra do miño, o porriño e o covelo (e poderia profundizar nas parroquias que comprenden estos tres concellos. o resto dende 1900 cara adiante (magoa de non ter mais, polo tanto non merece a pena prepara-la base sobor desto. pero si dispoño da lonxitude e latitude de todos os concellos de galicia e mesmo da suas parroquias, como xa estou a introducir. --Xelo2004 20:49, 21 Xan 2005 (UTC)

Sobre un artigo[editar a fonte]

Hola, atopei na wikipedia un artigo de "espacio" e supoño que haberá que facer un redirect a "espazo". Estou no certo? --Rubi 14:57, 23 Xan 2005 (UTC)

Abadín[editar a fonte]

Xa subín o mapa ca situazón de Abadín. Télo eiquí. Tamén subín os das provincias. Saúdos --Alyssalover 14:07, 24 Xan 2005 (UTC)


Categoría Lingüística[editar a fonte]

Non sabía que existía esa páxina, vou ver se elaboro unha primeira clasificación para que a discutamos, por certo a entrada Deus ten que ser revertida, un vándalo deixou unha definición inaceptable. E habería que pensar no que di o artigo A Coruña:Nota: Existe un conflicto de nome, entre o oficial, A Coruña, e o que manexa a propia Alcaldía e moitos cidadáns, La Coruña, recentemente solventado coa cooficialidade de ambos nomes na cidade (non na provincia). Viola o principio de neutralidade, o conflito non foi resolto: polo menos para a Mesa, BNG, conselleiro de cultura...si é certo que para o alcalde da Coruña si quedou resolto, ou para o ministro Jordi Sevilla. Hai logo un conflito xurídico: haberá que recordar que o Estatuto de autonomía é unha lei orgánica no que di que competencia de toponimia é exclusiva da Xunta( Artigo 27.2: Organización e réxime xurídico das comarcas e parroquias rurais como entidades locais propias de Galicia, alteracións de termos municipais comprendidos dentro do seu territorio ), mentres que a lei de grandes cidade é unha lei ordinaria: unha lei ordinaria nunca pode modificar unha lei orgánica: o que quere dicir que o concello de Madrid pode variar o seu nome: a toponimia madrileña non depende da comunidade de Madrid, mentres que A Coruña ou Vigo non, pois é competencia exclusiva da comunidade autónoma. A explicación é longa, pero a min dóeme ler cousas como o parágrafo en cursiva na Galipedia, Saúdos.--Rocastelo 16:55, 24 Xan 2005 (UTC)

A verdade é que coa carraxe enleime na explicación: segundo a sentenza di Tribunal Constitucional de 21 de Decembro de 1989: ‘a aprobación da alteración ou cambio de nome dos municipios é a típica competencia de execución en materia de rexime local que, conforme co marco constitucional de distribución de competencias, os Estatutos de Galiza e de Cataluña atribúen ás súas respectivas Comunidades Autónomas’, pero o razoamento segue a ser válido.--Rocastelo 17:14, 24 Xan 2005 (UTC)

Categoría Lingüística sensu stricto[editar a fonte]

Ola Prevert. Dúas cousiñas (ou tres se son pequenas):

- respecto a rexistrarme cada vez que entro, aprendino onte, así que xa o farei a partires de agora: ensinoume o meu irmán, Goresqui, quen tamén se rexistrou;

- non estou aínda moi familiarizado coas listas de discusión e debates, teño a idea de que son un pouco confusos e caóticos, e de feito non sei onde buscar información ou a resposta ó que pregunto ou as suxestións que me fan. ¿Tes algunha explicación que mo aclare?;

- verbo do que falas das categorías de Lingüística, teño un pequeno patrón, que expoño en Lingüística: ¿podes publicitalo ou dicirme onde o fago (cando entro nas ligazóns que me deches non hai ningún texto de ninguén ou hai moitos)?;

- gracias polos avisos; o meu irmán e mais eu supoñemos (en Vigo dise supomos, pero supoño que non todo o mundo o entende) que cando os cambios non son importantes haberá que marcar afirmativa a celiña "Esta é una (non se pode traducir isto!!) edición pequena" para que non apareza tanto aviso. ¿que é o de "Vixiar esta páxina"?;

- sobre o funcionamento: o meu irmán díxome que os textos de debates vellos bórranse. Créollo porque puxera eu o da protesta á wikipedia en inglés por escribir "Gallego (Galician)" e creo que alguén o borrou (por certo, espero que non vos pareza mal a iniciativa: polo menos cambiárono deseguida). ¿Encargase diso o administrador? ¿Es ti, nonsí?;

- para iniciar un epígrafe novo eu entro na edición do derradeiro e escribo un novo epígrafe a continuación ¿Faise así ou hai algún método máis rápido? Outra pregunta para abreviar método: ¿Como se pode crear un artigo sen necesidade de crear unha ligazón a un artigo inexistente?;

- o meu irmán tén a idea de traballar sobre a categoría de informática baseándose sobre a wikipedia española. ¿É ese outro sistema válido de crear categorías?;

Discusión lingüística[editar a fonte]

Xa puxen na páxina de discusión de categorías a de Lingüística, espero que Sobreira as crítique, de certo el ten máis coñecemento ca min de lingüística, e sen dúbida coa súa aportación mellorará a miña proposta.--Rocastelo 19:28, 24 Xan 2005 (UTC)

Re-edicións[editar a fonte]

Ola,

Síntoo, como vou "a toda leche" non me decatei que tiñas medificado a mensaxe do sistema Showhideminor. Se cadra isto vai pasar outra vez, logo sería bo que mantiveras aberto un ollo a ver se meto a pata de novo. De todos os xeitos, non entendo a modificación. A cadea orixinal é "$1 minor edits | $2 bots | $3 logged in users | $4 patrolled edits" e a tradución vosa é "<br />$1 as edicións pequenas | $2 os bots | $3 os usuarios dentro do sistema". Entendo o de "<br />" por cuestións estéticas (aínda que estades a rachar a liña de texto ...) pero o de quitar "| $4 patrolled edits" paréceme que está mal. Que pensas ti?

Saúdos, Roberto --Rabalde 14:51, 25 Xan 2005 (UTC)

= GALLEGO!! =[editar a fonte]

parece que o dos nomes de GALLEGO para a nosa lingua está moi estendido. Veño de mirar unhas poucas (ou ver, como din os de fóra de Vigo), e só atopei o noso autoglotónimo correcto en portugués e inglés. Dixeras que isto é un asunto de MetaWikipedia: existe tanta comunicación que se poden modificar todas ó tempo?? --Sobreira 18:34, 25 Xan 2005 (UTC)

Unha pregunta e unha idea: acabo de crear ''Islandia'' e ''islandés''. Vexo que outros países de Europa teñen un template ou molde (plantilla é castelán). Copiei un "país" chamado plantilla, pero supoño que os cadros, imaxes e banderiñas tamén se poden copiar. Faise así directamente ou hai que avisar a alguén?

Isto mesmo pode pasar coas linguas: Sería boa idea que todas levasen certos datos comúns (número de falantes, código SIL, ligazón ó Ethnologue e ó Euromosaic-Mercator se son europeas, categoría linguas do mundo (e así o propoño no debate da categoría)): podería crearse un molde e aforrar tempo e traballo, nonsi?

Outra cousa é un fallo que observei: Alemán & Ruso non poden reverterse directamente a Alemaña - Deutschland & Rusia - Poccia, porque non existe unha equivalencia lingua-estado nin é fariña do mesmo trigo. Quen pode/ousa cambiar iso?

Vexo que a Rocastelo pasoulle algo con xeografía-lingua-estado en islandia:islandés:república de islandia. Non fixen máis que meter islandia porque estaba na lista das máis buscadas. A seguinte vai ser Rusia, tamén moi buscada. :) prometo ler con detemento os teus consellos: agora vou ter que marchar. Grazas polas axudas, anyway.

--Sobreira 19:57, 25 Xan 2005 (UTC)

Islandia[editar a fonte]

Movín a páxina Islandia - Lýðveldið Ísland a Islandia - Ísland, habería que borrar a primeira que en islandés quere dicir República islandesa)--Rocastelo 19:21, 25 Xan 2005 (UTC)


Tíbet[editar a fonte]

Estiven revisando a Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia e vexo que aparece o Tíbet, non sei se houbo debate, pero o Tíbet non é un estado recoñecido internacionalmente ( está na lista de países, que semella ser equivalente a estado no contexto no que esta), polo que non debería estar aí. A min gustaríame que o Tíbet non sofrise a represión chinesa, pera esa non é a cuestión.--Rocastelo 19:30, 25 Xan 2005 (UTC)

Colaborar no Galizionario[editar a fonte]

Ola, Prevert, quería dicirche que a túa axuda no Galizionario é benvida, tanto na páxina de actualidade como nos xentilicios ou no que se che ocorra. Coma na túa casa, a ver se se anima o ambiente e conseguimos un dicionario digno da nosa lingua :). Un saúdo.--Aricum 20:58, 25 Xan 2005 (UTC)

AXUDA[editar a fonte]

estou intentando meter unha ligazon dende a miña páxina user:sobreira a unha categoría. ¿Como o fago?

No medio do esforzo, decateime de que INSERTEI a miña propia páxina persoal dentro da categoría de EN REVISIÓN pero xa non sei como sacala!!

ARGT. GRAZAS SE ME RESPONDES...

--Sobreira 18:31, 26 Xan 2005 (UTC)

GRAZAS, XA MARCHO. ESPERO QUE VOS GUSTE O DE fonema

ATA MAÑÁ. --Sobreira 20:02, 26 Xan 2005 (UTC)

Linguaxe De Programación e Linguaxe de programación[editar a fonte]

Combinei o contigo do artigo Linguaxe De Programación co de Linguaxe de programación (e aprobeitei para ampliar e correxir este último). Agora, ¿como fago para copiar o historial de Linguaxe De Programación a Linguaxe de programación?

--Alguén 23:09, 29 Xan 2005 (UTC)

Mapas dos concellos (II)[editar a fonte]

Por fin rematei de subilos todos!!!!! Os 315!!!! Case desespero (cheguei a pensar que me sería máis doado capturár tódolos pokemon ;-)) pero finalmente logreino. Se cando estés engadindo as tablas de informazón ós concellos ves que algún mapa non carga avísame para que o corrixa. Un saúdo --Alyssalover 18:50, 29 Xan 2005 (UTC)

unha chulada[editar a fonte]

graciñas pola foto de XADREZ, así queda moi ben. Eu teño que marchar. Vémonos

caixa info[editar a fonte]

estou subindo o de Baleira, e non vin inxerida a caixa info, cando poidas poslla e engadeslle a seguinte paxina web: http://www.concellobaleira.com/. --Xelo2004 22:14, 29 Xan 2005 (UTC)

datos dos concellos[editar a fonte]

De onde obtés os datos dos concellos? Non atopo por ningures os datos dos orzamentos, o gasto por habitante, o números de entidades de poboazón nin as altitudes mínimas e máximas.

PD Como fixeches para que che apareza unha ligazón a esta páxina na firma? Eu tentei cambialo nas preferencias pero non dou feito :-(

Saúdos --Alyssalover 00:42, 30 Xan 2005 (UTC)

Espacio-espazo[editar a fonte]

Xa corrixín tódalas páxinas con "espacio",agora hai que eliminar a páxina do nome, non? --Rubi 20:44, 30 Xan 2005 (UTC)

--Rubi 20:58, 30 Xan 2005 (UTC)

Vilalba[editar a fonte]

Problema solucionado ;-) --Alyssalover(talk) 22:43, 31 Xan 2005 (UTC)

Un de Vilalba[editar a fonte]

gracias pola re-benvida. A base de minutos diarios, a ver se axudo algo.--Agremon 11:34, 1 Feb 2005 (UTC)

dúbida[editar a fonte]

inda non entendín o uso dos marcadores coma páxinas de modelo....

--Sobreira 23:25, 1 Feb 2005 (UTC)

obsesión

Varias cuestións. Estou un pouco obsesionado co das categorías, porque entendo que a información non vale nada (máis ainda cando se lle dá tanta volta ó de LINGÜÍSTICA). Entón:

(ás veces penso que non me lin as instrucións, pero intento aplicar o sentido común)

--Sobreira 19:31, 2 Feb 2005 (UTC)

colaboración

Retomo unha mensaxe que lle respondiches a Adalbertofrenesi hai un mes: Estou traballando nelo desde hai un tempo pero a páxina non está lista por agora. As páxinas que non teñas claro onde clasificar: non as engadas a ningunha categoría, ata que estea lista a axuda das categorías (calculo que como máximo tardará dez días, unha vez que se resolva o tema da organización de historia -moitos dos teus artigos corresponden a esa clasificación-). No caso de que se trate de categorías que non temos podes facer unha proposta na Taberna (propostas), sería de gran utilidade. Un cordial saúdo. --Prevert 22:51, 9 Dec 2004 (UTC) Xa observei a dificultade que existe en acceder á información: fun facendo un esquema en user talk:sobreira sobre as categorías que xa están ligadas dende a portada. Eu ofrézome voluntario para ir agrupando os artigos que non estean categorizados, baixo os seguintes criterios:

Isto tén certa importancia a nivel persoal: a miña tesiña vai ir sobre este tema, e xa hai moito tempo que me interesa o tema das categorías (por iso interésame tamén comezar a facelo canto antes). Ademais creo que unha enciclopedia non ten valor se non podes acceder á información.

Teño dúas propostas para que o faga un administrador:

--Sobreira 12:43, 4 Feb 2005 (UTC)

¿Borraches esta páxina que estaba creando??: wikipedia:índice temático de categorías segundo as súas relacións --Sobreira 18:24, 4 Feb 2005 (UTC)

Perdón, imaxino que me estou embalando. E que me desespera que vaia máis lento do que me gustaría. ¿Tería que abrir un debate entón? ¿Fago ben metendo cada deus mitolóxico só na súa subcategoría de mitoloxía ou sabes se hai algún acordo de duplicar certos deuses? --Sobreira 19:13, 4 Feb 2005 (UTC)

Graciñas por todo, as veces non sei se estou facendo algo que non está permitido ou fóra das normas (ou simplemente facéndoo mal). Metín os comentarios "persoais" ou de xestión na páxina de discusión do índice --Sobreira 19:24, 4 Feb 2005 (UTC)

A paxina automatica de artigos sen categorizar non se actualiza, di que usa a memoria cache, independentemente do ordenador onde estea. Supoño que non sera automatica. Ainda que ata o luns probablemente non faga nada, ¿non se pode actualizar para ir revisando os artigos que andan soltos sen categoria? --Sobreira 12:31, 5 Feb 2005 (UTC)

Ola, prevertiño, boas tardes. Puxenme baixo o nome de usuario ANDOcategorizANDO para que sexa mais doado saber que ando a facer e ir mais axiña por non ter andar indicando no resumo. O que non me lembro é se o creei con contrasinal ou non (?). Sobre os teus comentarios:

GRAZAS POR TODO--user:sobreira

Non te preocupes. Sei que hai artigos que non son ningunha marabilla, pero eu aí xa si que non podo aplicar o "sentido comun": penso que todo é benvido, non todo ten por que ser como o fariamos nós, xa se mellorara. As veces gustariame ter mais tempo para revisar e crear artigos, mesmo ter internet na casa, pero xa combino parte do tempo da libreria e no cuvi e algun dia destes vanme avisar ou botar unha bronca (non creo, pero...) e por outra banda teño que estirar os meus cartiños. Eu estou contento porque vou facendo algo, pouco, pero gustame, e creo que son util, á xente e á lingua. Ti tamen, mais ainda. Simplemente e falta de costume con este funcionamento. GRAZAS outra vez por aturar o chollo que te damos. --Sobreira 18:55, 7 Feb 2005 (UTC)

PROBLEMA: primeiro metin todalas parroquias so no concello ("A Esperela" en "Baleira"), pero decateime de que a xente os tiña en duas categorias (en "Baleira" e en "parroquias e lugares") e pensei que, anque non era o meu estilo, debia ilo facendo asi. Ten a sua loxica: pode que saibas o nome dunha parroquia e non en que concello esta. Agora estaba rematando de poñerlle duas categorias a todos e xa esta. pero para os futuros que me atope, existe algun acordo sobre isto?--Sobreira 19:12, 7 Feb 2005 (UTC)

Ola, estou de volta dando a lata. Dúas preguntas:

--Sobreira 18:26, 8 Feb 2005 (UTC)

--Sobreira 15:35, 9 Feb 2005 (UTC)

A túa opinión. ¿Onde (en que categoría ou que nome invento) podo meter os números dos anos ou as datas, estilo 4 de outubro ou 1974? ¿En anos e datas? ¿Ou agardo? Sería bo, que unha vez decidido isto, se engadise no modelo correspondente (se hai). --Sobreira 13:30, 11 Feb 2005 (UTC)

Ola estou mirando a clasificacion da categoria LINGUISTICA.

Xa lle irei colocando un resume de contidos nos encabezamentos de categoria. Xa adiantei traballo e corrixin algo de SAO PAULO CAPITAL (o de Gastronomia) de JOAO XAVIER. A revision de categorias esta avanzada: xa vou pola letra C case acabando. GRAZAS, e perdon por non responder onte, estaba liado con mute santandereano e logo marchei a correr --Sobreira 12:37, 15 Feb 2005 (UTC)

parte 3: categoria linguistica

¿onde están os templates para que saian os concellos das provincias? (non quero que aparezan, so quero copiar os nomes) --Sobreira 17:45, 16 Feb 2005 (UTC) XA OS ATOPEI...--Sobreira 18:22, 16 Feb 2005 (UTC)

Non te preocupes, non tomo a mal ningunha das cousas que me dis. É máis, anímanme bastante. Simplemente en radio estaba facendo as probas porque quería saber se funcionaba usando o símbolo | (en COMO EDITAR UNHA PÁXINA WIKI#TÁBOAS di que non está activado), como era máis cómodo e rápido e como era máis visual. Decátome de que ás veces fago verdadeiras VARVARIDADES pero son temporais. O que me interesa é ir ofrecendo datos e recursos, non me importa que logo veña alguén e os cambie algo de formato (segundo debería ser o formato oficial de homonimia) ou de sitio (ás veces eu mesmo o fago). --Sobreira 13:30, 17 Feb 2005 (UTC)

--Sobreira 17:41, 18 Feb 2005 (UTC)

onde propoño sobre categorías?

Quería facer propostas parciais sobre categorías para que se debatan (antes de tomarme a xustiza pola man), pero non sei onde: ¿en wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías? Son:

Ó mellor aínda non está maduro e debería esperar máis. Tamén estaría ben crear un manual de homoxeneización ou boas prácticas na redacción dos artigos: normas para escoller o título, pasos para seguir (para evitar esquecer categorizar, ou crear apartados ou ligazóns), algo de lingua, outras recomendacións,... Non sei se existe este LIBRO DE ESTILO, estiven buscando e non o atopei. --Sobreira 14:43, 25 Feb 2005 (UTC) Porcerto, cando non sei onde meter algo (por exemplo se é HARDWARE, SOFTW, VIDEOX, ou ARQUITECH) eu vouno metendo no raíz (INFORMÁ).

Habería que fundir lema e lemas, e la (e borrar lá) e lan e eu non sei facelo: simplemente puxen unha marca. Saúdos e grazas. Sobre o libro de estilo, xa o irei facendo ós poucos e xa o proporei cando teña algo consistente... --Sobreira 22:21, 1 Mar 2005 (UTC)

Vigo[editar a fonte]

Xa o tiña pensado pero polo de agora todavía non rematei de crealas páxinas e os modelos das parroquias ;-) Un saúdo --Alyssalover(talk) 20:09, 2 Feb 2005 (UTC)

[Saint Peter] ou [Saint Nicholas], habería que mirar que tipo de excepcións ten a wiki inglesa e outras, e se as debemos seguir nós
O artigo EZ Aquiarii hai que borralo, foi un erro meu ao crear o artigo EZ Aquarii--Rocastelo 18:11, 3 Feb 2005 (UTC)

Concordo en que hai cousas máis urxentes, xa haberá tempo de o debatir. Respecto ao artigo da Coruña, quizais deberiamos debatilo na Taberna, para que non se converta nun facer e refacer constante, se che parece ben eu proporei o seguinte para reemprazar o actual no apartado Toponimia
"A pesar de dictaminar o Tribunal Constitucional o 21 de decembro de 1989 que a aprobación da alteración ou cambio de nome dos municipios é a típica competencia de execución en materia de rexime local que, conforme co marco constitucional de distribución de competencias, os Estatutos de Galiza e de Cataluña atribúen ás súas respectivas Comunidades Autónomas, o Concello da Coruña aprobou nun pleno celebrado o 2 de novembro de 2004 a cooficialidade da forma La Coruña amparándose da Lei de grandes cidades". Para que se alguén ten un texto mellor que o expoña, e evidentemente o meu texto toma partido, sí, a favor da legalidade vixente.--Rocastelo 18:48, 3 Feb 2005 (UTC)

Aviso de publicidade[editar a fonte]

As entradas TTA e Tta creadas en inglés na Galipedia non deben ser traducidas, é publicidade que alguén está creando en varias wikis e deben ser por tanto borradas ou modificadas substancialmente, saúdos.--Rocastelo 11:39, 6 Feb 2005 (UTC)

Estou de volta[editar a fonte]

Pois iso, xa volvín e co meu ordenador 99% operativo (hai un par de cousiñas que aínda teño arranxar).

Agradeceríache que lle botases unha ollada ó artigo Partidos na Alcaldía e o seu mapa correspondente e que me digas qué che parece. Aínda é tan só un esbozo e nin sequera me convence o título da páxina pero apetecíame traballar nun par de artigos sobre política para variar un pouco. Un saúdo --Alyssalover(talk) 15:44, 10 Feb 2005 (UTC)


efemerides

Concluídos os 366 días do ano!

Caro amigo Prevert, que tudo esteja bem contigo e com os teus familiares. Por aqui tudo Ok.
Concluí há pouco as páginas dos 366 días do ano! Fiz várias por dia, e o resultado está aí. Agradeço-te pelo início da revisão do texto sobre São Paulo capital (que tal achaste a cidade onde eu moro? Espero que o texto ajude um pouco a entender como e porque a cidade cresceu tanto, e algumas de suas características). Esta semana acrescentei algumas informações sobre gastronomia em São Paulo, que é uma cidade com muitos e variados restaurantes (cozinha brasileira, italiana, portuguesa, espanhola, japonesa, coreana, árabe, francesa, etc, sendo a gastronomia mais um atrativo para quem visita a cidade). Não pretendo ampliar mais o texto, pois creio que se tornaria cansativo. Assim, agradeço se puderes revisar e corrigir a segunda parte do texto (após poboamento).
Pretendo redigir, quando eu tiver algum tempo, alguma coisa sobre inmigración e escravidán. Estou a desenvolver um texto em português sobre Imigração e, logo que estiver concluído, vou traduzi-lo ao galego. Um grande abraço Joao Xavier 01:28, 13 Feb 2005 (UTC)

Modelos para imaxes de selos e artigo clítoris[editar a fonte]

Estou ilustrando algúns artigos con imaxes de selos e quixera saber se está traducido ou se alguén está a traducir o modelo de selos (como por exemplo aparece en [1], se ninguén o está a traducir eu mesmo o traducirei, aínda que non teño claro cal é a lexislación aplicable á Galipedia: é a norteamericana por estar os servidores alí?,
Estou de acordo en que clítoris melloraría moito con máis información e a imaxe non se faría tan relevante, se ninguén o amplía antes, eu tentarei aumentar o contido esta fin de semana, aínda que en canto a poñer o outro esquema gráfico que aparece na wiki inglesa teño as miñas dúbidas, ao non estar verificado o copyright Segunda imaxe da wiki inglesa(esa foi a razón por que non puxen esa imaxe cando fixen o artigo)--Rocastelo 18:13, 15 Feb 2005 (UTC)

sobre a camara fotografica[editar a fonte]

de feito dinlle "caña" e froito desto esta este artigo http://gl.wikipedia.org/wiki/O_Parque_de_Rosal%C3%ADa_de_Castro a magoa e que non se poida aproveitar mais os espazos laterais da galeria (polo menos eu non seu coma facelo). Iremos pouco a pouco e non quero pensar o que pode caer co tema da muralla e mailas portas. ¿que che parece? penso que teñen boa calidade (pois a camara no da para mais e hai que ir segundo o bolsillo poida). un saudo y dime o teu parecer. Por certo haber se podo recabar mais informacion sobre deste parque, pero polo de momento creo que para ver artigo é suficiente. tamen esperarei a semana haber se rocastelo amplia o artigo do clitoris, senon doulle cancha eu (encima con fodon -verbo foder- que son); je je. eso un saudo--Xelo2004 20:11, 15 Feb 2005 (UTC)

Tradución modelo selo[editar a fonte]

Traducin o modelo selo, template:selo, haberá que o colocar na páxina onde están o resto das modelos das imaxes, vina algunha vez pero agora non a atopo. Eu tampouco atopei o copyright da páxina que dis, descarguei a imaxe en formato PDF por se puña algo pero tampouco di nada, e é unha mágoa pois a imaxe é moi boa.--Rocastelo 21:18, 15 Feb 2005 (UTC)

Acerca da sección de informática[editar a fonte]

Gracias Prevert polas túas suxerencias. Xa estou preparando o contido dos artigos que mencionas e outros da mesma sección. Terei en conta as túas recomendacións.

--Alguén 10:57, 17 Feb 2005 (UTC)

Cadro de advertencia[editar a fonte]

un saudo--Xelo2004 20:53, 17 Feb 2005 (UTC)

Base De Datos e Base de datos[editar a fonte]

Combinei o contigo do artigo Base De Datos con Base de datos. Xa se pode proceder ó borrado do primeiro. --Alguén 00:56, 20 Feb 2005 (UTC)

A distancia[editar a fonte]

Vin un aviso de fusión entre A Distancia e A distancia , eu non o acabo de ver claro. Para min entra na categoría de elimininación rápida por non ter categoría para estar nunha enciclopedia. Ten sentido un artigo titulado distancia ou sobre educación a distancia ou comunicación a distancia ou calquera cousa a distancia. Pero un artigo a distancia eu non lle vexo senso ningún, pero podería estar errado, saúdos.--Rocastelo 18:32, 21 Feb 2005 (UTC)

Clítoris[editar a fonte]

Seguramente estará confuso pola miña redacción, pero en todo caso o que quería dicir é que nas femias dos mamíferos, o clítoris está na entrada da vaxina, que é un órgano reprodutor, non sexual, polo que non ten función ningunha no orgasmo, no caso da especie humana, o clítoris está nunha posición superior e alonxada da entrada da vaxina, e a súa función é sexual (aínda que hai investigacións recentes que afirman que os especies de gorilas e chimpancés poden ter orgasmos, pero eu non sei ata que punto está aceptada esa teoría). Non me parece mal que se cambie a fotografía, se pensas que a da wiki alemá é máis neutra --Rocastelo 20:43, 21 Feb 2005 (UTC)

Acceso dudoso[editar a fonte]

Resposta[editar a fonte]

Grazas pola benvida. Estou familiarizado coa Wikipedia, xa que comecei na Wikipedia en español. Respecto os enlaces que me proporcionaches, creei unha nova plantilla, Template:Benvida. Gustaríame que lle deras un repaso e puxeras tódolos enlaces que conrespondan. --Daniel , fálame 21:35, 26 Feb 2005 (UTC)

Acabo de facer un mapa para Galipedia. Gustaríame que lle botaras unha ollada, e co poder que tes como administrador, que metas un link enriba dos cambios recentes. Eu xa metín un en axuda. Sobre as ligazóns vermellss que ves no mapa, tentarei de completalas --Daniel , fálame 01:43, 27 Feb 2005 (UTC)

Hola, saúdos. Vovlo despois dunha longa ausencia. gustaríame saber como se pode cambiar o nome dunha páxina.

Grazas pola túa atención.

--Rubi 12:25, 27 Feb 2005 (UTC)

Rusia[editar a fonte]

Tiven un problema ao crear a entrada de Rusia. Primeiro fixen a páxina tal como está no Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia, Rusia - Росси́я pero como podes apreciar ao tentar pegar a páxina a seguinte letra ao acento desprázase e a ligazón remite á páxina de edición, non ao artigo. Para evitar iso movín a páxina a Rusia - Россия, pero podería ser problema do meu ordenador ou do meu navegador, se a ti che pasa ao mesmo entón o problema será do software, que sobre o alfabeto cirílico non o recoñece como til.--Rocastelo 16:21, 27 Feb 2005 (UTC)

Películas[editar a fonte]

Eu non creo que titular películas sexa diferente de titular libros, cadros, obras teatrais...Haberá que dar títulos en castelán de non existir tradución ao galego? Facendo un artigo de Platón haberá que dicir que escribiu El Banquete, absurdo, ou titular Las vísperas sicilianas para Verdi, absurdo e reforza a idea do galego como lingua subordinada do castelán. Eu opto por seguir o recomendado dada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo que ti mesmo mencionas na Taberna:
Os títulos de libros, artigos, películas, pezas musicais ou teatrais, cando aparecen nun texto estándar non especializado adáptanse (comentario:enténdese que se o texto é especializado hai que dar o título orixinal sempre á parte que se poida dar o galego). Se existe versión ó galego utilizarase esta. Se non existe traducción ó galego hai tres posibles solucións:

O lóxico é dar o título orixinal sempre e seguir a recomendacións anteriores para a adaptacións do títulos á nosa lingua, o contrario reforza a diglosia e a consideración da nosa lingua como subordinada a outra.--Rocastelo 18:08, 28 Feb 2005 (UTC)