Nome orixinal | (it) Contessina de' Bardi |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1390 (Gregoriano) Florencia |
Morte | outubro de 1473 (Gregoriano) (82/83 anos) Florencia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Lourenzo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Familia | |
Familia | Bardi family (en) |
Cónxuxe | Cosme de Medici (1414 (Gregoriano)–) |
Fillos | Pedro de Cosme de Médici (pt) , Giovanni de Médici (pt) |
Pais | Alessandro de' Bardi (en) e Emilia Pannocchieschi (en) |
Contessina Bardi, nada en Florencia c. 1390 e finada ibídem en outubro de 1473, foi filla de Alexandre de Bardi, pertencente á prestixiosa familia Bardi. É coñecida principalmente por ser a esposa de Cosme de Medici O Vello, e matriarca da Dinastía Medici.
Foi chamada Contessina na honra da Condesa Matilde de Canossa. A súa familia foi moi rica durante un tempo, pero coa quebra do banco ó redor do século XIII diminuíran moito a súa influencia.
A pesar disto foron quen de manter unha boa posición investindo principalmente nos seus bens raíces: castelos, fortes e terras, das que eran señores en puntos estratéxicos dos límites setentrionais de Florencia. Por isto sempre gozaron de certa importancia como señores feudais e cabaleiros, o que seguramente pareceu moi interesante ós Medici. De feito, á primeira oportunidade dispuxeron deste brazo armado para axudarse na estratexia de mantemento (ás veces forzado) do consenso do apoio popular, o que lles deu hexemonía política na zona.
Contessina casou con Cosme o Vello en 1416 e tiveron dous fillos:
Ademais ocupouse do fillo ilexítimo do seu esposo, Carlos de Cosme de Medici, quen foi levado ó palacio familiar e criado como un máis dos seus fillos.