Conquista do Deserto | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
A Conquista do Deserto, cadro de Juan Manuel Blanes. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Goberno da República Arxentina | Pobos mapuche, ranquel e tehuelche | ||||||
Líderes | |||||||
Julio Argentino Roca Nicolás Levalle Eduardo Racedo Napoleón Uriburu Hilario Lagos Ignacio Coliqueo Conrado Villegas Rufino Ortega Lorenzo Vintter Liborio Bernal |
Juan Calfucurá Inacayal Tripailao Manuel Baigorrita† Peyeumán Painé Manuel Namuncurá Feliciano Purrán Vicente Catrinao Pincén Valentín Sayhueque Mariano Rosas† Epumer Rosas Renquecurá Alvarito Rumay | ||||||
Forzas en combate | |||||||
6000 soldados (1879)[1] 1000 aliados indíxenas(1873)[2] |
8000 de Calfucurá (1872)[3][4] 5000 de Namuncurá (1875) 5000 de Sayhueque (1877)[5] |
A Conquista do Deserto foi a campaña militar realizada pola República Arxentina entre 1878 e 1885, pola que ingresou ó territorio e derrotou s tribos, pobos ou nacións (segundo o bando) mapuche, ranquel e tehuelche e que tivo como principais consecuencias a incorporación á soberanía da República Arxentina dunha ampla zona da rexión pampeana e da Patagonia (chamada Puelmapu polos mapuches) que até ese momento estaba dominada polos pobos indíxenas vencidos que sufriron a aculturación, a perda das súas terras e a súa identidade ó seren recolocados pola forza en reservas indias ou trasladados para servir como man de obra forzada.[6][7][8]
Os feitos son obxecto de debate e visións diferentes, tanto dentro como fóra dese país. A posición tradicional arxentina sostén que se tratou dunha xesta militar e unha guerra lexítima respecto da efectiva soberanía da República Arxentina sobre territorios herdados do Imperio español e que respondeu aos malóns mapuches sobre a fronteira.[9] Contra a posición tradicional arxentina, políticos e xornalistas arxentinos da época, denunciaron o que consideraron un "crime de lesa humanidade" cometido polo Exército Arxentino.[10]
A posición tradicional das comunidades mapuche, tehuelche e ranquel sostén que se tratou dunha invasión ilexítima dos huincas arxentinos sobre territorios ocupados polos seus devanceiros.
Outra postura arxentina cuestiona a actuación do Estado arxentino contra as nacións indíxenas, tanto pola violencia con que se desenvolveu a conquista, como pola imposición unilateral, a insuficiencia de dereitos e o obxectivo de beneficiar un grupo de terratenentes. Unha opinión máis recente, compartida polas comunidades indíxenas, un sector arxentino e estudosos doutras nacionalidades, sostén que se tratou dun xenocidio e un etnocidio institucional.[11]
Nun sentido histórico máis amplo, o termo inclúe tamén as campañas previas á Conquista do Deserto, é dicir, o conxunto de expedicións militares levadas a cabo polos gobernos nacionais e provinciais arxentinos que se sucederon, en contra dos indíxenas, antes da gran campaña de 1879.
En cuanto a la tribu de Cipriano Catriel -que como ya hemos visto prestó tan buenos servicios al gobierno nacional— (...) El 11 de diciembre de 1873, al frente de 1000 guerreros —de los cuales 800 portaban lanzas, 50 armas de fuego y el (...).