O primeiro conde mencionado é Berengario de Lomme que gobernou en Namur ao redor de 899 e durante nada menos que 32 anos do século X. En 1189 pasou á casa de Hainaut unida á de Flandres. En 1212 entrou o primeiro conde da casa Courtenay. En 1238 foi ocupado por Francia. Volveu á casa de Flandres e Hainaut en 1257.
Para os asuntos relixiosos, o condado dependía do bispo de Liexa, a pesar de ser gobernado polo conde. Esta confusa situación alimentaba a miúdo as veleidades do príncipe-bispo de anexionar o condado. Ao comezo do reinado de Xoán VIII de Heinsberg enfrontáronse milicias de Liexa e Namur. En 1421[1], o conde Xoán III vendeu o condado a Filipe III de Borgoña o Bo. En 1429, Filipe III atribuíuse o título de conde de Namur. Heinsberg e as milicias atacaron Namur pero tiveron que se inclinar ante a superioridade militar dos borgoñóns. Filipe III integrou o condado nas dezasete provincias. Despois de 1549 converteuse nun dos Países Baixos españois e desde 1713austríacos. Entre 1659 e 1678Francia conquistou a parte sur coas cidades de Charleroi, Givet, Bouvines e Marienbourg. En 1795, Francia anexionou o resto do territorio e creou o Departamento de Sambre e Mosa.
A rama de Filipe o Nobre e a súa irmá, Iolanda de Namur, extinguiuse á seguinte xeración e o emperador Balduíno II, o último representante da liñaxe, conseguiu o título; En 1248 volveu ao Sacro Imperio Romano-Xermánico, e pouco despois, en 1257, o Namur regresou á rama maior (Flandres e Hainaut).
↑Jean Janssen, Sous la crosse…!, évolution socio-politique, économique et culturelle du pays de Liège, des origines à 1789, Bruxelles, L'élite, 2000, pàgines 77-78
↑Henrique I era fillo de Ermesenda de Luxemburgo e neto de Conrado I de Luxemburg; cando morreu o seu curmán Conrado II de Luxemburg, o emperador concedeulle este condado en 1136: tamén herdou os condados de La Roche e de Durbuy.
↑En 1172 Henrique I prometeu a herdanza do condado á súa irmá Alicia e ao fillo desta, Balduíno, pero despois vaise desdicir; finalmente Alicia herdou nominalmente o condado de Namur do seu irmán Henrique IV de Luxemburgo o Cego, que non tiña descendentes masculinos, en 1189, despois dun arranxo polo cal unha filla, Ermesenda, recibiría os condados de La Roche e Durbuy, e Luxemburgo volvería ao Imperio, pero Namur era recoñecido a Balduíno por dereito materno.