Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. ampliar, dividir en seccións, mover citas ó corpo-fóra da introdución, listaxe de bibliografía non empregada como referencias Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2017)
Imaxe televisiva da mensaxe de despedida do presidente Dwight Eisenhower, onde divulgou o concepto de complexo militar-industrial.
Discurso de despedida do presidente Eisenhower, onde fala do complexo militar-industrial.

O complexo militar-industrial (proveniente do termo orixinal en inglés: military–industrial complex) é un concepto que se aplica aos intereses económicos da industria militar aplicados ao armamentismo e a unha política militarista ou imperialista. A súa divulgación realizouse a partir dun discurso do presidente estadounidense Dwight Eisenhower ao terminar o seu mandato en 1961:

O noso traballo, os recursos e os medios de subsistencia son todo o que temos; así é a estrutura mesma da nosa sociedade. Nos consellos de goberno, debemos evitar a compra de influencias inxustificadas, xa sexa buscadas ou non, polo complexo militar-industrial. Existe o risco dun desastroso desenvolvemento dun poder usurpado e [ese risco] manterase. Non debemos permitir nunca que o peso desta conxunción poña en perigo as nosas liberdades ou os procesos democráticos».
Dwight D. Eisenhower no seu discurso de despedida á nación, 17 de xaneiro de 1961[1]

Eisenhower aplicábao aos grupos industriais estadounidenses interesados en manter a carreira armamentística entre os Estados Unidos e a Unión Soviética durante a guerra fría para o seu beneficio económico; posteriormente foi ampliada por outros políticos estadounidenses, como o senador demócrata J. William Fulbright.[2]

Actualmente nos Estados Unidos o termo tamén engloba a ampla rede de contratos e fluxos monetarios e de recursos que circulan entre os contratistas privados de defensa, o Pentágono, o Congreso e o goberno.[3] Esta relación de intereses coñécese como «Triángulo de ferro» e pode dar lugar á formación dentro do aparato do estado de poderosos lobbys da industria militar.[4] George F. Kennan, autor da doutrina da contención e figura clave da guerra fría escribiu:

Se a Unión Soviética afundise mañá baixo as augas do océano, o complexo militar-industrial estadounidense tería que seguir existindo, sen cambios substanciais, ata que inventásemos algún outro adversario. Calquera outra cousa sería un choque inaceptable para a economía estadounidense.[5]

Con anterioridade, o concepto foi utilizado por Daniel Guérin no seu libro Fascism and Big Business. Baseándose neste concepto, tamén se crearon os termos «complexo militar-industrial-media» –acusado de promulgar o militarismo a través dos medios de comunicación–, «complexo político-media» –uso dos medios para o mantemento da hexemonía das clases dominantes ou empresas– e «complexo industrial de prisións» –aproveitamento por parte de empresas privadas da gran e crecente poboación carceraria nos Estados Unidos–.[6]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. The Military–Industrial Complex; The Farewell Address of Presidente Eisenhower Basements publications, 2006, ISBN 0976642395
  2. Luiz Alberto Moniz Bandeira El Complejo Industrial-Militar Arquivado 17 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
  3. ""Long-term Historical Reflection on the Rise of Military-Industrial, Managerial Statism or "Military-Industrial Complexes". Kimball Files. University of Oregon (en inglés). Consultado o 17 de novembro de 2014. 
  4. Hayden, F. (xuño de 2002). "Policymaking Network of the Iron-Triangle Subgovernment for Licensing Hazardous Waste Facilities" (en inglés). Consultado o 17 de novembro de 2014. 
  5. Kennan, George F. (1997). At a Century's Ending: Reflections 1982-1995. Norton & Company. pp. 118. 
  6. Sudbury, Julia (2002). "Celling Black Bodies: Black Women in the Global Prison Industrial Complex" (PDF) (en inglés). Consultado o 17 de novembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]