Colin Powell
Nome completoColin Luther Powell
Nacemento5 de abril de 1937
Lugar de nacementoNova York
Falecemento18 de outubro de 2021
Lugar de falecementoHospital Militar Nacional Walter Reed
CausaCOVID-19
SoterradoCemiterio Nacional de Arlington
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos
Alma máterCity College of New York, Universidade George Washington, United States Army Command and General Staff College, Morris High School e National War College
Ocupaciónpolítico, diplomático, army officer e ministro dos negócios estrangeiros
CónxuxeAlma Powell
Premioscomendador da Lexión de Honor, Estrela de Bronze, Knight Commander of the Order of the Bath, Lexionario da Lexión do Mérito, Medalha Spingarn, Purple Heart, Presidential Citizens Medal, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla do Aire, Philadelphia Liberty Medal, Ronald Reagan Freedom Award, Library of Congress Living Legend, Orde da Estrela de Romanía, Gran cruz da Lexión de Honor, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Horatio Alger Award, Fulbright Prize, Benjamin Franklin Medal, Commander with Star of the Order of Merit of the Republic of Poland, Defense Distinguished Service Medal, Medalha de Serviço Distinto, Defense Superior Service Medal, lexión o medito, Soldier's Medal, Medalha de Comenda, Medalha do Serviço de Defesa Nacional, Medalha de Serviço do Vietnã, Medalha da Campanha do Vietnã, Gallantry Cross (Vietnã do Sul), Orde do Imperio Británico, Ordem da Jamaica, "Gjergj Kastrioti Skënderbeu" Decoration, Order of Stara Planina, Order of Merit of the Republic of Poland, Ordem do Mérito da República da Hungria e Annenberg Award for Excellence in Diplomacy
Na rede
IMDB: nm0694068 Facebook: GenPowell TED: colin_powell Musicbrainz: 0b037f31-163e-4538-9ed6-550950a3dc12 Songkick: 4582573 Discogs: 1639152 WikiTree: Powell-16727 Find a Grave: 233173234 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Colin Luther Powell, nado en Harlem (Nova York) o 5 de abril de 1937, e finado en Bethseda (Maryland) o 18 de outubro de 2021,[1][2][3] foi un político, diplomático e xeneral estadounidense que foi o 65º secretario de Estado dos Estados Unidos de América, equivalente ao ministerio de exteriores daquel país, entre 2001 e 2005. Powell foi o primeiro secretario de Estado afroamericano.[4] Antes da elección de Barack Obama como presidente en 2008, Powell e a súa sucesora, Condoleezza Rice, eran os afroamericanos que chegaran a un escalafón maior na historia do poder executivo a nivel federal, xa que o secretario de Estado é o cuarto na liña de sucesión presidencial nos Estados Unidos.

Traxectoria

Powell naceu en Nova York en 1937 e criouse no South Bronx. Os seus pai, Luther e Maud Powell, inmigraron aos Estados Unidos desde Xamaica. Powell estudou en escolas públicas neoiorquinas e graduouse no City College of New York (CCNY), onde recicibu un grao en xeoloxía. Tamén participou nun ROTC no CCNY e recibiu unha comisión como subtenente do exército logo de graduarse en xuño de 1958. Powell foi soldado profesional durante 35 anos, durante os cales ocupou moitos cargos de mando e persoal e chegou ao rango de xeneral de catro estrelas. Foi Comandante do Comando das Forzas do Exército dos Estados Unidos en 1989.

O seu último cometido, de outubro de 1989 a setembro de 1993, foi o de actuar como 12.º presidente dos Joint Chiefs of Staff, o máis alto cargo militar do Departamento de Defensa. Durante este tempo, supervisou 28 crises, incluías a invasión de Panamá en 1989 e a Operación Tormenta do Deserto na guerra do Golfo contra Iraq en 1990-1991. Formulou a Doutrina Powell que limita a acción militar estadounidense a menos que cumpra os criterios relativos aos intereses de seguridade nacional dos Estados Unidos, a forza esmagadora e o amplo apoio público.[5] Deste xeito, inicialmente, foi contrario á intervención nas guerras de Iugoslavia.[6][7][8] Posteriormente foi nomeado secretario de Estado ao servizo do presidente republicano George W. Bush. O seu mandato foi moi controvertido debido á súa imprecisa xustificación da guerra de Iraq en 2003. Como secretario de Estado foi o responsable de presentar ante o Consello de Seguridade da ONU supostas probas do arsenal militar de Iraq, incluso "armas de destrución masiva", para xustificar a intervención.[9] Posteriormente estas afirmacións foron desmentida polos feitos.[10] Foi cesado despois de que Bush fose reelixido en 2004.[11]

Trala súa retirada, Powell escribiu a súa autobiografía, My American Journey. Iniciou unha carreira como confereciante, dirixíndose ao público en todo o país e no estranxeiro. Antes do seu nomeamento como Secretario de Estado, foi o director de America's Promise – The Alliance for Youth, organización sen ánimo de lucro dedicada a mobilizar persoas de calquera sector da vida estadounidense para construír o carácter e a competencia da mocidade. Powell recibiu numerosas condecoracións. Entre os galardóns civís está a Medalla Presidencial da Liberdade (dúas veces), a Congressional Gold Medal, a Presidential Citizens Medal, a Secretary of State Distinguished Service Medal e a Secretary of Energy Distinguished Service Medal. En 2016, a pesar de non ser candidato á elección, Powell recibiu tres votos electorais para optar á presidencia dos Estados Unidos de América.[12] Tratouse de tres electores do estado de Washington que deberían votar por Hillary Clinton e que na sesión do colexio electoral votaron finalmente por Colin Powell.[13]

Faleceu o 18 de outubro de 2021 por mor de complicacións de COVID-19.[3][14]

Notas

  1. "Biographies of the Secretary of State:Colin Luther Powell". U.S. Department of State, Office of the Historian. Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  2. Preferred pronunciation rhymes with "bowel", not "bowl" (as in Charles Powell, Baron Powell of Bayswater) – see Alexander Chancellor, "You Say Tomato", The New Yorker. 9 de agosto de 1993, p. 27.
  3. 3,0 3,1 Redacción (18 de outubro de 2021). "Murió por coronavirus Colin Powell, exsecretario de Estado norteamericano". elam.com.ar (en castelán). Consultado o 18 de outubro de 2021. 
  4. The first African American secretary of state, Colin Powell Arquivado 04 de xuño de 2008 en Wayback Machine., The African American Registry.
  5. LaFeber, 2009.
  6. "Paying for the Powell Doctrine". Dissent Magazine. Consultado o 2021-10-19. 
  7. Gordon, Michael R. (1992-09-28). "Powell Delivers a Resounding No On Using Limited Force in Bosnia". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-10-19. 
  8. Bureau, John Diamond, Washington. "IN FAREWELL, ALBRIGHT JABS AT POWELL". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 2021-10-19. 
  9. Department Of State. The Office of Electronic Information, Bureau of Public Affairs (2004-11-05). "Secretary Powell at the UN: Iraq's Failure to Disarm". 2001-2009.state.gov (en inglés). Consultado o 2021-10-18. 
  10. Schwarz, Jon (2018-02-06). "Lie After Lie: What Colin Powell Knew About Iraq 15 Years Ago and What He Told the U.N.". The Intercept (en inglés). Consultado o 2021-10-18. 
  11. Walter LaFeber says, "the president forced Powell to resign." LaFeber "The rise and fall of Colin Powell and the Powell Doctrine." Political Science Quarterly 124.1 (2009) p. 71.
  12. Richardson, Valerie (21 de decembro de 2016). "Colin Powell places third in presidential race at Electoral College". Washington Times. 
  13. "Three Washington state Democratic electors vote for Colin Powell, one for Faith Spotted Eagle". Los Angeles Times (en inglés). 2016-12-19. Consultado o 2021-10-18. 
  14. CNN, Devan Cole. "Colin Powell, military leader and first Black US secretary of state, dies after complications from Covid-19". CNN. Consultado o 2021-10-18. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas