Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Tradución dende es:Ciencias ocultas Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde outubro de 2015)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.)

As ciencias ocultas, na súa acepción literal, é o nome co que se coñecen a unha serie de crenzas e prácticas mistéricas que dende a antigüidade pretenden penetrar e dominar os segredos da natureza e desenvolver os poderes ocultos do ser humano. Teñen un grande interese para antropólogos, historiadores, filósofos e psicólogos.

Tamén pode entenderse por ciencias ocultas algún certo tipo de literatura caracterizada polo gusto polo misterio, a transcendencia espiritual ou as explicacións alternativas. Existen editoriais e librarías especializadas neste tipo de literatura que versa sobre temas moi variados cuxo denominador común son, ás veces, temáticas que se fan famosas e, outras, a demanda do público. Estes son asuntos que sucitaron a curiosidade do público dende fai moito tempo.

Baixo esta perspectiva, o termo «ciencias ocultas» sería en realidade unha etiqueta pouco descritiva, imposta polas regras do comercio editorial antes que por unha clasificación adecuada sobre o seu contido.

Ao longo da historia, a Igrexa católica combateu estas prácticas sinalándoas como produtos do demo, surxidas co propósito de apartar aos homes da fe, se ben agora os escépticos as atacan de forma máis ou menos crítica. En todo caso tratan de responder á incerteza e curiosidade que o ser humano sente polo descoñecido ou polo seu desexo de transcendencia espiritual. Neste sentido, é importante recalcar que parte destas crenzas aluden ao paganismo, razón pola cal a igrexa foi unha das súas principais detractoras.

Exemplos de ciencias ocultas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Ocultismo

Entre os exemplos máis importantes das ciencias ocultas desenvolvidas na antigüidade, pódense mencionar as seguintes:

As ciencias ocultas e o New Age

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Nova era

Dentro do movemento denominado New Age, destaca o interese polo conxunto de diversas crenzas e de prácticas que non necesariamente exclúen o interese polas anteriores. As ideas reformuladas polos seus partidarios adoitan relacionarse coa menciña holística, as menciñas alternativas ou tradicionais e o misticismo. Tamén se inclúen numerosas ciencias ocultas e pseudociencias, perspectivas xerais sobre a historia, a relixión, a espiritualidade, estilos de vida e certos tipos de música. Algúns dos temas relacionados son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]