Cidade global ou cidade de clase mundial é un concepto de cidade ideado por Saskia Sassen e definido polo departamento de Xeografía da Universidade de Loughborough, en Inglaterra, por unha serie de características debidas aos efectos da mundialización e ao constante crecemento da urbanización. Identifícanse tamén porque deixaron trazas dunha historia particular e precisa. Foron e son aínda hoxe os principais polos comerciais do globo. A súa clasificación foi realizada en 1999.
Os criterios de selección dunha cidade de tamaño mundial son :
Ao longo do século XX, Londres, París e Nova York foron sempre consideradas como "as tres grandes", como as metrópoles que máis influíron sobre o resto do mundo. Porén, rapidamente, a ese trío engadíuselles Toquio. Desde a revolución das comunicacións e da información, numerosas cidades aspiran a un papel influente de escala mundial, en tanto as "catro grandes" (Toquio e mais as tres grandes anteriores) seguen a influenciar sobre a maior parte do planeta.
Un traballo, feito por Globalization and World Cities Research Network ("Rede de estudos sobre a globalización e as cidades globais", en inglés GaWC) da Universidade de Loughborough (Gran Bretaña), definiu certos criterios e parámetros para contrastar o carácter mundial das metrópoles.
O seu estudo divide as cidades en tres grupos. Outramente, unha lista complementaria define as cidades susceptibles de accederen a este nivel no futuro.[1] Cidades Alfa (cidades de clase mundial, con servizos comerciais completos)
Cidades Beta (cidades de clase mundial maiores por tamaño de negocios)
Cidades Gamma (cidades de clase mundial menores)
Cidades con forte tendencia de clase mundial
Cidades con tendencia media de clase mundial
Cidades con tendencia débil de clase mundial
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidade global ![]() |