Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) María Xesús Nogueira Pereira 19 de xullo de 1968 (55 anos) Berres, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía Galega |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora , profesora universitaria |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Lingua galega |
María Xesús Nogueira Pereira, nada en Berres (A Estrada) o 19 de xullo de 1968, é unha profesora, filóloga e ensaísta galega. Exerce o cargo de presidenta na Asociación Galega da Crítica desde a súa creación en 2015.
Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é docente na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. As súas principais liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía galega contemporánea. Foi membro dos consellos editores da revista Dorna e da colección de poesía Letras de Cal e tamén, do Boletín Galego de Literatura. Colabora no portal en Internet culturagalega.org. É ademais autora de artigos en volumes colectivos e revistas, onde tamén publica con regularidade crítica literaria.[1]