Chicago | |
---|---|
Chicago en 2004 | |
Orixe | Chicago, Illinois, |
Período | 1967 - presente |
Xénero(s) | rock, soft rock, pop rock, jazz rock |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, Warner Bros., Full Moon, Rhino, Reprise, Chicago Records/Chicago Records II, Frontiers |
Membros | Robert Lamm Lee Loughnane James Pankow Walter Parazaider Walfredo Reyes Jr. Ray Herrmann Neil Donell Ramon Yslas Tony Obrohta Loren Gold Eric Baines |
Antigos membros | Terry Kath Danny Seraphine Peter Cetera Laudir de Oliveira Donnie Dacus Chris Pinnick Bill Champlin Jason Scheff Dawayne Bailey Tris Imboden Bruce Gaitsch Keith Howland Drew Hester Lou Pardini Daniel de los Reyes Jeff Coffey Brett Simons |
Na rede | |
chicagotheband.com | |
Chicago é unha banda estadounidense de rock formada en Chicago, Illinois, en 1967. O grupo a chamarse a si mesmo Chicago Transit Authority en 1968, e despois acurtou o nome en 1969. Autodescrita como unha "banda de rock and roll con metais", as cancións de Chicago adoitan a combinar elementos de música clásica, jazz, R&B e música pop.
Xurdida de varias bandas da área de Chicago a finais dos 60, a formación estaba composta por Peter Cetera no baixo, Terry Kath na guitarra, Robert Lamm nos teclados, Lee Loughnane na trompeta, James Pankow no trombón, Walter Parazaider nos instrumentos de vento madeira, e Danny Seraphine na batería. Cetera, Kath, e Lamm compartían as tarefas vocais. Laudir de Oliveira uniuse á banda como percusionista e segundo batería en 1974. Kath morreu en 1978, e foi substituído por varios guitarristas. Bill Champlin uniuse en 1981, proporcionando voces, teclados e guitarra rítmica. Cetera deixou o grupo en 1985 e foi substituído por Jason Scheff. Seraphine marchou en 1990 ocupando o seu lugar Tris Imboden. Aínda que a formación da banda vén sendo máis fluída dende 2009, Lamm, Loughnane, e Pankow permaneceron como membros. Parazaider retirouse dos directos en 2017 pero segue sendo parte do grupo.[1][2][3][4][5]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Chicago Transit Authority | 1969 | Columbia Records |
Chicago | 1970 | Columbia Records |
Chicago III | 1971 | Columbia Records |
Chicago V | 1972 | Columbia Records |
Chicago VI | 1973 | Columbia Records |
Chicago VII | 1974 | Columbia Records |
Chicago VIII | 1975 | Columbia Records |
Chicago X | 1976 | Columbia Records |
Chicago XI | 1977 | Columbia Records |
Hot Streets | 1978 | Columbia Records |
Chicago 13 | 1979 | Columbia Records |
Chicago XIV | 1980 | Columbia Records |
Chicago 16 | 1982 | Full Moon Records |
Chicago 17 | 1984 | Full Moon Records |
Chicago 18 | 1986 | Full Moon Records |
Chicago 19 | 1988 | Full Moon Records |
Twenty 1 | 1991 | Full Moon Records |
Night & Day: Big Band | 1995 | Giant Records |
Chicago XXV: The Christmas Album | 1998 | Chicago Records |
Chicago XXX | 2006 | Rhino Entertainment |
Chicago XXXII: Stone of Sisyphus | 2008 | Rhino Entertainment |
Chicago XXXIII: O Christmas Three | 2011 | Chicago Records II |
Chicago XXXV: The Nashville Sessions | 2013 | Chicago Records II |
Chicago XXXVI: Now | 2014 | Frontiers Records |
Chicago XXXVII: Chicago Christmas | 2019 | Rhino Entertainment |
Chicago XXXVIII: Born for This Moment | 2022 | BMG Rights Management |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chicago |