Chameleon | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | カメレオン |
Director | Junji Sakamoto |
Guión | Shoichi Maruyama |
Intérpretes | Tatsuya Fujiwara Asami Mizuwaka Shun Shioya |
Distribuidora | Toei |
Estrea | 2008 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
Chameleon (カメレオン Kamereon?) é un filme xaponés dirixido por Junji Sakamoto que se estreou no 2008. Filme de suspense e vinganza baseado nun guión escrito hai 30 anos por Shoichi Maruyama, un clásico da produtora Toei, que debía protagonizar a estrela do momento, Yusaku Matsuda.
O protagonista deste filme é un misterioso rapaz con capacidade para transformarse segundo o contorno e as emocións dos que o rodean. Líder dun grupo de timadores da rúa, un día é testemuña do secuestro dun home a mans dun estraño grupo de individuos. Cando estes comezan a liquidar un por un ós membros da súa banda, tomará a xustiza pola súa man.