Infotaula de personaCelso Parada
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1958 Editar o valor em Wikidata
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de agosto de 2019 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0660804 Editar o valor em Wikidata

Celso Parada Fernández, nado en Moaña o 22 de marzo de 1958[1] e finado o 3 de agosto de 2019[2], foi un actor galego.

Traxectoria

Comezou a traballar no teatro en 1976 como actor e director. Formouse canda a Ryzard Cieslak, Etelvino Vázquez e Victor Rotelli entre outros. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, realizou un máster de especialización en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela.

En 1989 fundou a compañía Teatro do Morcego canda a Isabel Ávila. En Montevideo traballou coa compañía El Galpón e baixo a dirección de Bernardo Galli.

Participou no Festival de Teatre Grec de Barcelona, FITEI do Porto, Festival Internacional de Ribadavia e o Festival de Teatro de Cangas entre outros. En 2019 foi nomeado académico de honra pola Asociación Galega de Teatro.[3]

Teatro

Con Teatro do Morcego

Con Vía Láctea

Co Centro Dramático Galego

Filmografía

Televisión
Cinema
Curtametraxes

Recoñecementos

Notas

  1. "Celso Parada" (PDF). Asociación de Actores e Actrices de Galicia. 2007. 
  2. "Faleceu Celso Parada, figura fundamental do teatro". Erregueté. 3 de agosto de 2019. 
  3. "A Academia Galega de Teatro nomea a Celso Parada Académico de Honra". Erregueté. 19 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas