Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1921 Vimianzo, España |
Morte | 4 de xullo de 2014 (92 anos) Guadalix de la Sierra, España (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | María Antonia Dans |
Fillos | Rosalía Dans |
Pai | Celso Collazo Álvarez |
Celso Collazo Lema, nado en Vimianzo o 15 de novembro de 1921 e finado en Guadalix de la Sierra o 4 de xullo de 2014, foi un xornalista e escritor galego.
Fillo de Celso Collazo Álvarez, colaborador de Castelao, que foi paseado en Ponteareas en 1936. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Trasladado a Compostela, iniciouse como xornalista en La Noche, Manuel Blanco Tobío ofreceulle un emprego en Madrid na Dirección General de Prensa en 1951. Alí comezou a súa carreira xornalistica. Ao ano seguinte casou coa pintora María Antonia Dans. En 1957 foi enviado especial en Londres do diario Pueblo e foi o primeiro delegado da Axencia Efe en Moscova, Nova York e Londres. Colaborou na fundación da editorial SEPT. Escribiu traballos de crítica literaria e investigou sobre as obras de Lamas Carvajal, Curros Enríquez e outros escritores galegos. Publicou na revista Ínsula o artigo "El argot en la novela" e cultivou a poesía, recibindo un premio polo poema "Cantigas ao mar do Ferrol" nos Juegos Florales de la Marina.[1]