(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Pontecesures, España |
Alcaldesa de Pontecesures | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá |
Cecilia Tarela Barreiro, nada en Pontecesures en 1977, é unha política galega do BNG.
Traballadora da CIG, estudou Administración e Finanzas. Foi responsable local do BNG de Pontecesures e concelleira dende 2007, sendo a terceira tenente de alcalde dende 2011. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG en Pontecesures conseguindo 2 concelleiros e foi elixida alcaldesa grazas a un pacto de goberno cos concelleiros de Terra Galega e do PSdeG[1]. En xaneiro de 2016 os dous concelleiros de Terra Galega abandonaron o goberno tripartito[2] e en maio dese ano presentaron unha moción de censura xunto ao PP e Independentes de Pontecesures[3] que fixo alcalde ao popular Juan Manuel Vidal Seage. Foi candidata ao senado nas Eleccións xerais de España de 2016. Encabezou de novo a candidatura do BNG nas municipais de 2019 logrando de novo 2 concelleiros e sen recuperala alcaldía, dado que o PPdeG mantivo a maioría cos seus socios, sendo tamén superada como segunda forza polo PSdeG.
Predecesor: Luís Álvarez Angueira |
Alcaldesa de Pontecesures 2015 - 2016 |
Sucesor: Juan Manuel Vidal Seage |