Coordenadas: 60°27′9″N 22°16′42″L / 60.45250, -22.27833
Catedral de Turku | ||
---|---|---|
Fachada frontal da Catedral de Turku en 2008. | ||
Tipo | Catedral | |
Localización | Turku | |
Culto | Igrexa Evanxélica Luterana de Finlandia | |
Diocese | Turku | |
Consagración | 17 de xuño de 1300 | |
Estilo arquitectónico | Gótico, neorrománico, neogótico |
A Catedral de Turku (en finés: Turun tuomiokirkko, e en sueco: Åbo domkyrka) é un templo adicado ao culto luterano situado na cidade de Turku (Finlandia). Foi consagrada o probablemente o 17 de xuño de 1300.
A primeira sé episcopal de Finlandia estaba situada en Nousiainen, onde se construíu unha igrexa de madeira no mesmo lugar que na actualidade ocupa a igrexa de Nousiainen, unha igrexa medieval construída en pedra. Contra o ano 1229 a sé trasladouse a Aurajoki,[1] onde un ano despois se construíu unha igrexa de madeira en Koroinen,[2] a un par de quilómetros da localización actual da catedral.[3]
Non se sabe moito das primeiras etapas da catedral de Turku. Probablemente a igrexa foi construída en madeira a finais do século XIII, se ben a data da súa inauguración é incerta. A igrexa puido ter sido consagrada entre 1292 e 1296, o 17 de xuño de 1300 ou a principios do século XIV, posiblemente en 1309.[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Turku |
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |