Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1958 (65 anos) Tomeza, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Empregador | Universidade da Coruña, profesor titular (1987–) |
Lingua | Lingua galega |
Carlos Francisco Velasco Souto, nado en Tomeza (Pontevedra) o 4 de outubro de 1958[1], é un historiador galego.
Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela no 1985. Exerce como profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade da Coruña. Como investigador está especializado en temas de historia social de Galiza, e é autor de varios libros e artigos en revistas especializadas. En 2011 foi nomeado presidente da Asociación Galega de Historiadores.