Infotaula de personaCarlos Solla Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: calros.solla BNE: XX1491460 AELG: 345 Dialnet: 231067 Editar o valor em Wikidata

Carlos Solla Varela, tamén coñecido como Calros Solla, nado en Pontevedra o 2 de abril de 1971, é un filólogo, escritor e etnógrafo galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e é profesor de Historia e Lingua Galega en Vigo.[2]

Foi membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido da Terra de Montes e do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca. É membro fundador do Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) e do colectivo Capitán Gosende.[3] Membro da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG.[4] Parte da súa obra poética está publicada en revistas como Verbo Xido, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna ou Arraianos. Participou no X e no XXIV Festival da Poesía no Condado, en 1990 e 2010. En 2010 gañou o Premio Johán Carballeira co poemario Lume de ollos en MazinGZ. En 2011 gañou o Premio de poesía Victoriano Taibo con Holocausto zacoe.

Dende a década dos noventa, orienta a súa actividade cultural na descuberta e valorización do patrimonio material e inmaterial do Concello de Cerdedo (colección de ensaios Cerdedo in the Voyager) e, en concreto, no estudo e promoción do monte do Seixo (Proxecto Montaña Máxica).[1] En 2009, escribiu e codirixiu o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica, baseado nas súas investigacións sobre a etnografía e a mitoloxía deste territorio.[5] Como investigador de campo, descubriu máis de oitenta gravados rupestres na comarca pontevedresa de Terra de Montes.[6] En 2002 deu a coñecer a hoxe célebre Portalén (rocha que a tradición identifica como a entrada ao Máis Alá), situada no monte do Seixo (Pontevedra).[7][8][9] É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmiento (Cerdedo), de 2002, Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), de 2006, Roteiro da Pantalla de 2011, e Roteiro polo Pedre milenario de 2013. En 2012-13, comisariou a exposición "De rezos a conxuros" (colección particular de amuletos, talismáns e outros obxectos de poder da cultura tradicional) no Museo Etnográfico Liste, que foi visitada por preto de dez mil persoas.[10] En 2016, promoveu a creación do "Campo das Laudas" (Meilide-Cerdedo), monumento en memoria das vítimas da represión franquista en Cerdedo.[11]

É colaborador habitual do xornal Faro de Vigo e das webs Tabeirós-Montes, Historia de Galicia e Galicia Encantada. Mantén en Internet os blogs O Embigo do Becho e Cerdedo in the Voyager.[12]

Obra

[editar | editar a fonte]

Poesía

[editar | editar a fonte]

Ensaio, crónica e divulgación

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Retrónicas, aforismos

[editar | editar a fonte]

Edicións

[editar | editar a fonte]

Documentais

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Premios

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Carlos Solla Varela - Xenealoxía.org - Genealogía de Galicia". xenealoxia.org. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2022. Consultado o 2022-09-19. 
  2. "Calros Solla". Tabeirós Montes. Consultado o 2022-09-19. 
  3. "Capitán Gosende". Tabeirós Montes. Consultado o 2022-09-19. 
  4. "Calros Solla". www.aelg.gal. Consultado o 2022-09-19. 
  5. Máxica, Galicia (2014-07-09). "Monte Seixo: La "Montaña Máxica"". El Blog de Galicia Máxica (en castelán). Consultado o 2022-09-19. 
  6. "Capitán Gosende descobre un santuario rupestre na Corredoira (Cotobade)". Tabeirós Montes (en portugués). Consultado o 2020-06-26. 
  7. "Como se forxou a lenda do monte do Seixo? (I)". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-26. 
  8. "Como se forxou a lenda do monte do Seixo? (II)". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-26. 
  9. "Como se forxou a lenda do monte do Seixo? (e III)". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-26. 
  10. J, M. (14 de dec. de 2012). "Biblioteca da EMAO: Exposición temporal "Rezos e Conxuros" no Museo Liste de Vigo". Biblioteca da EMAO. Consultado o 2022-09-19. 
  11. "Campo das Laudas". Patrimonio Galego. Consultado o 2022-09-19. 
  12. "Calros Solla Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-09-19. 
  13. "Amigos De La Cultura Celta - Galiciaaberta - ID:5e5ac81a75f38". xdoc.mx. Consultado o 2022-09-19. 
  14. "Calros Solla e o IES Luis Seoane, os Cidade de Pontevedra cun carácter máis educativo". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-09-19. 
  15. Pontevedra, Diario de (2017-10-29). "Vaipolorío y Calros Solla recogen el premio Cogave con orgullo pontevedrés". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2022-09-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]