Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1960 (63 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Alcalde da Coruña | |
22 de maio de 2011 – 13 de xuño de 2015 ← Javier Losada – Xulio Ferreiro → | |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Carlos Negreira Souto, nado no Río de Xaneiro o 16 de xullo de 1960, é un político galego militante do PPdeG.
Está licenciado en Dereito pola USC. Foi deputado no parlamento de Galiza en diferentes lexislaturas, sempre baixo as siglas do PPdeG. Ten traballado ocupando distintos cargos en áreas de goberno como a Consellaría de Economía e Facenda, entre os anos 1988 e 1992, a Consellaría de Sanidade no período que vai de 1992 a 1996 ou, fóra destas, tamén como director de Recursos Humanos de Aena, en 1999. Ostentou así mesmo un cargo de responsabilidade en Correos, amais de ter sido presidente de Portos de Galicia.
Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 2005, foi elixido deputado autonómico para a 7.ª lexislatura (2005–2009).[1]
Desde 2007 ocúpase da presidencia provincial do PPdeG pola provincia da Coruña e foi voceiro parlamentario do seu grupo no concello da cidade homónima. Nas eleccións municipais de 2011 o seu partido gañou a alcaldía da Coruña, cidade a onde Negreira se presentaba como candidato[2].
En 2009 foi investigado polo Tribunal de Contas por corrupción dentro do caso Gürtel [3], pola súa suposta relación con Pablo Crespo, un dos principais imputados neste caso.[4]. Así mesmo, en relación coa Operación Pokémon a xuíza De Lara Lara, afirmou que, a raíz de informacións derivadas de conversas telefónicas, o alcalde Negreira, dende a súa chegada ao cargo en xuño de 2011, así como persoas da súa confianza ou próximas ao novo goberno local foron colocados en postos do grupo empresarial Vendex, epicentro da trama delituosa.[5] Pola súa banda, Carlos Negreira sempre negou calquera trato de favor ao respecto[6].
En 2013 a corporación local coruñesa liderada por Negreira foi condenada polo xulgado contencioso-administrativo nº 3 desa cidade por lle impedir a un edil do BNG o acceso á información pública relacionada coas auditorías técnica e medioambiental da planta de tratamento de residuos de Nostián[7].
Por outra banda, os seus adversarios políticos acusárono de representar a extrema dereita galega[8], despois de manifestacións de exaltacións de figuras como Millán Astray[9] ou as súas declaracións contra o topónimo A Coruña, que insistía en castelanizar.[10]
Após as eleccións municipais de 2015 en Galicia, cando o PPdeG perdeu a maioría absoluta que ostentaba, ten que deixar o seu cargo de alcalde tras apoiar PSdeG-PSOE e Bloque Nacionalista Galego a candidatura da Marea Atlántica como segunda forza máis votada, situando a Xulio Ferreiro á fronte da corporación municipal coruñesa.
O 5 de febreiro de 2016 formalizou a súa renuncia á acta de concelleiro (que anunciara días antes), e que resultou efectiva tras o pleno municipal do 11 de febreiro.[11][12] Un mes máis tarde sería relevado na presidencia provincial do PPdeG por Diego Calvo[13].
EN 2016, axentes da UDEF requisaron contratos municipais a raíz dunha investigación por tráfico de influencias relacionada coa adxudicación de servizos bibliotecarios á empresa Eulen polo Consistorio coruñés durante o mandato de Negreira.[14]
Predecesor: Javier Losada |
Alcalde da Coruña 2011 – 2015 |
Sucesor: Xulio Ferreiro |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Carlos Negreira |