A capa S (capa superficial) é unha parte da envoltura celular de moitas bacterias e da maioría das arqueas de composición proteica.[1] Consiste nunha capa monomolecular composta de proteínas idénticas ou glicoproteínas. Esta estrutura bidimensional constrúese por autoensamblaxe e envolve toda a superficie celular. A proteína da capa S pode representar ata o 10–15% do total do contido proteico da célula bacteriana [2] [3] .[4] As proteínas da capa S están pobremente conservadas ou non conservadas en absoluto entre especies, e poden diferir marcadamente mesmo entre especies relacionadas. Dependendo da especie, as capas S teñen un grosor entre 5 e 25 nm e posúen poros idénticos de 2–8 nm de diámetro.[5] As capas S mostran unha simetría reticular que pode ser oblicua (p1, p2), cadrada (p4) ou hexagonal (p3, p6). Dependendo desta simetría, a capa S está composta por unha (P1), dous (P2), tres (P3), catro (P4), ou seis (P6) subunidades proteicas idénticas, respectivamente. O espazado de centro a centro (ou dimensión da cela unidade) entre estas subunidades vai de 2,5 a 35 nm.
Para moitas bacterias as capas S representan a zona de interacción máis externa co ambiente que as rodea. As súas funcións son moi diversas e varían dunha especie a outra. Nas arqueas gramnegativas a capa S é o único compoñente da parede celular e, por tanto, é importante para a estabilización mecánica. Funcións adicionais asociadas coas capas S son: