Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde xuño de 2017.)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.)
Campus de Azurém da Universidade do Miño, en Guimarães, Portugal.

Un campus[1] é o conxunto de terreos e edificios que pertencen a unha universidade. O termo provén do inglés campus, e este á súa vez do latín campus, chaira. Empezouse a utilizar en español a mediados do século XX e é invariable en plural. Tamén formalmente chamado "recinto universitario".

O campus inclúe todas as propiedades dunha universidade, incluído o conxunto de edificios que a forman. Xeralmente un campus inclúe as bibliotecas, as facultades e escolas, as aulas, as residencias para os estudantes, as zonas deportivas e as áreas de esparexemento como cafetarías, tendas, xardíns e parques.

Historia

Campus da Pontificia Universidade Católica Madre y Maestra, en Santiago de los Caballeros, República Dominicana.

A palabra comezouse a utilizar durante as primeiras décadas do século XVIII para describir un espazo urbano particular do College of New Jersey (actual Universidade de Princeton), seguindo a tradición medieval dos colexios maiores europeos de estudar, vivir e traballar en claustros exclusivos. Outras universidades adoptaron logo o termo para describir terreos concretos nas súas propias institucións, pero aínda a palabra campus non describía a totalidade das propiedades universitarias. É no século XX cando o significado expándese realmente, para englobar o conxunto de edificios universitarios de servizos, docencia e investigación e os terreos que os engloban.

Un dos primeiros campus modernos de España foi o da Cidade Universitaria de Madrid, creado para a entón Universidade Central (a actual Universidade Complutense de Madrid), promovido polo rei Afonso XIII a semellanza dos campus británicos que se atopaban en pleno auxe.

Por extensión, nalgunhas universidades, os servizos de intranet ou Internet, que completan a infraestrutura docente, reúnense nos chamados campus virtuais.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para campus.

Véxase tamén

Outros artigos