Infotaula de personaCamilo Barcia Trelles
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1888 Editar o valor em Wikidata
A Veiga, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xurista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAugusto Barcia Trelles Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Camilo Barcia Trelles, nado na Veiga o 15 de xullo de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 4 de decembro de 1977,[1] foi un profesor e escritor asturiano. A familia estableceuse en Ribadeo. Foi irmán de Augusto Barcia Trelles.

Traxectoria

Fixo os estudos de bacharel no Instituto de Lugo onde se graduou en 1903.

Estudou Dereito na universidade de Oviedo (1909) e conseguiu o doutoramento na Universidade Central de Madrid (1915). Nesta gañou a cátedra de Dereito Internacional Público e Privado na Universidade de Murcia (1919). En 1920 pasou á Universidade de Valladolid.[2]

Foi candidato do PSOE por Alacant nas eleccións xerais de 1920. Coa Sublevación do 18 de xullo de 1936 foi acusado de ser “masón e izquierdista” e apartado do cargo en abril de 1937. De 1937 a 1938 traballou «sen soldo» para o Servizo de prensa e propaganda de Falange sobre temas internacionais. Foi reposto como catedrático e trasladouse á Universidade de Santiago de Compostela en agosto de 1938, na que permaneceu ata a xubilación en 1958 como catedrático e decano da Facultade de Dereito.

Foi membro numerario do Instituto de Dereito Internacional, Profesor de L’Academie de Droit Internacional da Haia, membro de honra da Asociación Francisco de Vitoria, da que foi fundador.[1] Os seus estudos sobre problemas internacionais apareceron en varias publicacións de Madrid, como El Liberal.

Obras

Recoñecementos

Notas

  1. 1,0 1,1 Cebreiros Álvarez, Eduardo (10-02-2014). "Barcia Trelles, Camilo". Diccionario de catedráticos de derecho (1847-1943). Arquivado dende o orixinal o 18-10-2019. Consultado o 09-07-2018. 
  2. Pérez González, Manuel (15-07-1988). "El sentido de la perspectiva histórica". elpais.com. Consultado o 07-09-2018. 
  3. "Decretos de 18 de julio de 1958 por los que se concede la Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica" (PDF). boe.es. 25-07-1958. p. 6776. Consultado o 07-09-2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas