Cabalga co demo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ride with the Devil |
Director | Ang Lee |
Produtor | Ted Hope Robert F. Colesberry James Schamus |
Guión | James Schamus |
Baseado en | Woe to Live On de Daniel Woodrell |
Intérpretes |
|
Música | Mychael Danna |
Fotografía | Frederick Elmes |
Montaxe | Tim Squyres |
Estudio | Good Machine |
Distribuidora | USA Films[1] |
Estrea | Deauville: 9 de setembro de 1999 25 de xaneiro de 2023 (TVG) |
Duración | 138 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern revisionista[3] |
Orzamento | 38 millóns de dólares[1] |
Recadación | 635 096 dólares[1] |
Na rede | |
http://www.universalstudiosentertainment.com/ride-with-the-devil/ | |
Cabalga co demo (en inglés: Ride with the Devil) é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Ang Lee e protagonizado por Tobey Maguire, Skeet Ulrich, Jeffrey Wright e Jewel. Baséase na novela Woe to Live On de Daniel Woodrell, e está ambientado na guerra civil estadounidense. Conta a historia dun grupo de homes que se unen aos irregulares de Missouri, tamén coñecidos como Bushwhackers, unidades guerrilleiras leais ás unidades pro-Confederación do estado, e a súa guerra contra Northern Jayhawkers, aliados co exército da Unión. Simon Baker, Jonathan Rhys Meyers, Jonathan Brandis, Jim Caviezel, Mark Ruffalo e Celia Weston compoñen o resto do elenco.
Estreouse en galego o 25 de xaneiro de 2023 a través da TVG.[4][5]