![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1960 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | San Francisco ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Scarsdale High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Preservación dixital e biblioteca virtual ![]() |
Ocupación | digital librarian (en) ![]() ![]() |
Empregador | Internet Archive ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Austin |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Brewster Kahle, nado o 22 de outubro de 1960 en Nova York, é un enxeñeiro informático, emprendedor e activista de Internet estadounidense. É defensor do acceso universal ó coñecemento e da biblioteca dixital.
Despois de rematar enxeñería informática no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde foi alumno de Marvin Minsky, traballou no desenvolvemento da Wide Area Information Server. En 1996 creou, xunto con Bruce Gilliat, a empresa informática Alexa Internet que vendería a Amazon en 1999 por 250 millóns de dólares.[1] Ese mesmo ano de 1996, fundou a institución sen ánimo de lucro Internet Archive, dedicada a preserva-la historia da rede que garda a evolución de moitos sitios web.[2] [3] En 2012 foi incluído no Salón da Fama de Internet.[4]