Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1997 (27 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritora , editora |
Branca Trigo Cabaleiro, nada en Vigo o 16 de marzo de 1997,[1] é unha escritora galega.
Estudou no CEP Santa Tegra de Vigo e graduouse en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios na Universidade de Vigo. Canda Alfredo Vázquez, codirixe a editorial Malafera.
En 2009 gañou o Premio Literario Escolar Caixanova na categoría de terceiro ciclo de primaria polo traballo Sara y Saray.[2] Conseguiu o terceiro posto no Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro en 2019 coa obra O heroe de vidro.[3] En 2021 gañou o Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo na modalidade de poesía.[4]
Publicou o seu libro Coñecemento do Medo en 2021 en Edicións Malafera. O seu segundo poemario, Condolore, viu a luz no ano 2022 da man da editora Urutau. Organiza xunto con outres autores o micro aberto Cerimonia de gaivotas e participou en diversas publicacións colectivas coma o volume A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023), a Antoloxía biosbarda para Parche (ruín alteredicións, 2023) e a antoloxía LGBTQIA Alguén nos lembrará (Xerais, 2023).