Bonifacio VII, antipapa
Nacementoséculo Xxuliano
Lugar de nacementoRoma
Falecemento20 de xullo de 985
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos.

Bonifacio VII foi un antipapa que ocupou o trono pontificio de forma ilegal en dúas ocasións, en 974 e entre 984 e 985. Foi considerado polos seus coetáneos como un «monstro».

Traxectoria

Primeiro antipapado

No ano 974, durante o pontificado de Bieito VI, aproveitando a morte do protector deste, o emperador Otón I, o patricio romano Xoán Crescencio nomea papa ao cardeal diácono Francone Ferruchi que adopta o nome de Bonifacio VII.

Nesta primeira etapa só gobernou a Igrexa durante seis semanas, o tempo que tardou o conde Sicco de Spoleto en chegar a Roma en calidade de representante do novo emperador Otón II e obrigar a Bonifacio a fuxir da cidade e refuxiarse en Constantinopla, onde levou consigo parte do tesouro da Igrexa. No entanto nese breve período fixo estrangular ao papa lexítimo, Bieito VI. Tras a súa fuxida é elixido novo Papa Bieito VI, quen excomunga ao antipapa Bonifacio como unha das súas primeiras medidas.

Segundo antipapado

Bonifacio permanecerá en Constantinopla durante dez anos ata que, en 984, aproveitando a morte de Otón II e que o seu sucesor, Otón III, ten apenas tres anos de idade, regresa a Roma e coa complicidade de Crescencio II, fillo do citado Xoán Crescencio, encarcera ao papa que entón rexía os destinos da Igrexa, Xoán XIV, e volve ocupar o solio pontificio case durante un ano.

O papa lexítimo, Xoán XIV, faleceu de fame durante o seu encarceramento, polo que Bonifacio VII está considerado como o asasino de dous papas.

Bonifacio VII faleceu asasinado o 20 de xullo de 985, sendo o seu cadáver mutilado e arrastrado polas rúas romanas até terminar exposto aos pés da estatua de Constantino.

Véxase tamén

Bibliografía


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.