Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Bleach (en xaponés: ブリーチ Hepburn: Burīchi?) é un manga e anime creado por Tite Kubo. Até xuño de 2009 editáronse 40 tomos no Xapón. Os novos capítulos publícanse semanalmente en Shōnen Jump magazine. O número total de capítulos no manga ata o momento é de 292. O anime emítese todos os mércores, en TV Tokyo (canle de televisión xaponesa) e ata o momento saíron ao aire 230 episodios.

Sinopse

[editar | editar a fonte]

A serie segue a vida de Kurosaki Ichigo, un estudante de instituto de 15 anos que ten a facultade de ver espíritos. Un día unha shinigami (literalmente "deus da morte" en xaponés) chamada Kuchiki Rukia termina en casa de Ichigo perseguindo un Hollow (baleiro en inglés, que é un espírito maligno creado pola extrema tristeza dunha alma moi apegada a algo terreal ou por ser devorada por outro Hollow) que ataca á súa familia seguindo o aroma do gran reiatsu (poder espiritual) que Ichigo posúe. No transcurso da loita Rukia é ferida gravemente, polo que decide transferir unha parte dos seus poderes a Ichigo converténdoo en shinigami.

A partir de aquí, comezan as aventuras de Ichigo e Rukia, e a medida que transcorre a serie, vaise profundizando a trama e vanse desentrañando misterios do mundo dos shinigami, a Sociedade de Almas, e a acción toma lugar tanto neste mundo como no "outro".

O destino dos shinigami é guiar ata a Sociedade de Almas aos Plus (Positivos, espíritos moi ligados á terra pero que non son malvados) mediante o "enterro da alma" e "purificar" os Hollow, o que consiste en atacarlles cunha Zanpakutoh (espada segadora de almas que porta todo shinigami) e envialos á Sociedade de Almas como aos Plus, protexendo deste xeito as almas e aos seres humanos, mantendo o balance en ambos mundos.

A serie está cargada de personaxes interesantes. Tamén Ichigo verase acompañado dos seus amigos, o que fai que teña un bo toque de humor e moi boa trama sentimental.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Personaxes de Bleach.

Razas

[editar | editar a fonte]

Ata agora en Bleach mostráronse só dous "razas": humanos e espíritos. Os humanos son usualmente como humanos da vida real e non poden ver ou sentir espíritos, aínda que hai uns cantos que poden velos claramente. Algúns humanos como os Quincy teñen o poder de non só sentir espíritos senón tamén combatelos. Os humanos incapaces de sentir espíritos poden gañar a habilidade de facelo se pasan suficiente tempo preto dunha gran fonte de enerxía espiritual, este é o caso de Chad e Inoue ao estar preto de Ichigo. Os espíritos están compostos de reishi cunha anatomía similar a un corpo de carne e óso ordinario, incluíndo órganos e sangue. A coninuación atópanse as razas humanas e espirituais máis importantes.