Big Eyes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Big Eyes |
Director | Tim Burton |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Bruno Delbonnel |
Montaxe | JC Bond |
Estudio |
|
Distribuidora | The Weinstein Company |
Estrea | Nova York: 15 de decembro de 2014 |
Duración | 106 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama, comedia, biográfico |
Orzamento | 10 millóns de dólares[2] |
Recadación | 29,3 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://bigeyesfilm.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Big Eyes é un filme estadounidense de 2014 dirixido por Tim Burton, escrito por Scott Alexander e Larry Karaszewski e protagonizado por Amy Adams e Christoph Waltz. O filme conta a vida da artista estadounidense Margaret Keane, famosa polos seus retratos de persoas con ollos grandes. Conta a historia de Margaret e o seu marido, Walter Keane, quen levou o crédito do enorme éxito das pinturas de Margaret nas décadas de 1950 e 1960. Conta a demanda e xuízo entre Margaret e Walter, despois de que Margaret revelase que é a verdadeira artista detrás das pinturas.