Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1051 |
Morte | 27 de decembro de 1087 (36 anos) Maguncia |
Lugar de sepultura | Catedral de Speyer (pt) |
Raíña rexente | |
Actividade | |
Ocupación | raíña |
Outro | |
Título | Duquesa |
Familia | Casa de Savoia |
Cónxuxe | Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico (1066–1087) |
Fillos | Inês da Alemanha (pt) , Conrado II de Italia, Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico |
Pais | Oddon, Conde de Saboia (pt) e Adelaide of Susa (en) |
Irmáns | Amadeu II, Conde de Saboia (pt) , Pedro I, Conde de Saboia (pt) , Adelaide de Saboia (pt) e Othon de Savoie (en) |
Berta de Savoia, tamén coñecid como Berta de Turín, nada o 21 de setembro de 1051 e finada en Maguncia o 27 de decembro de 1087, foi a primeira esposa do emperador Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico, raíña de Alemaña e emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Está enterrada na catedral de Espira.
Berta de Savoia era filla de Otón I de Savoia e de Adelaida de Susa.
Os seus avós maternos eran Ulrico Manfredo II de Turín e Berta de Obertenghi.
De nena, durante o reinado de Henrique III, Emperador o Negro emperador do Sacro Imperio, seu fillo Henrique (o futuro Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico) e Berta se comprometeron een matrimonio o 25 de decembro de 1055 en Zürich.[1]
A voda tivo lugar o 13 de xullo de 1066 en Trebur.[2]
Mentres que Berta se enamorou de Henrique, este viu á súa muller con aversión. Aínda que aparentemente era unha bela muller xove, o cronista saxón Bruno, un declarado opoñente do emperador, informou sobre a continua infidelidade deste: «Tiña dúas ou tres Kebsweiber (concubinas) ao mesmo tempo, ademais de [a súa esposa], pero este non estaba contento. [...] Súa bela e nobre esposa Berta [...] foi de tal maneira odiada que el só a vía o necesario, xa que Henrique non celebrara a voda pola súa propia vontade».[3]
Berta morreu o 27 de decembro de 1087 en Maguncia.
Do seu matrimonio con Henrique tivo cinco fillos:
Predecesor: Inés de Poitou |
Emperatriz consorte do Sacro Imperio | Sucesor: Eufrasia de Kíiv |
Predecesor: Inés de Poitou |
Raíña consorte de Alemaña 1066 – 1087 |
Sucesor: Constanza I de Sicilia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Berta de Savoia |