Berta Ojea | |
---|---|
Nome completo | Berta Isabel Ojea López |
Nacemento | 1 de novembro de 1964 |
Lugar | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Etnia | Pobo español |
Profesión | actriz |
Na rede | |
https://bertaojea.wordpress.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Berta Ojea, nada na Coruña, é unha actriz galega de teatro e cinema. Tamén ten traballado en varias series de televisión destacando a súa intervención na produción da Televisión de Galicia A vida por diante.
En cine participou en películas ás ordes de directores como Guillermo del Toro ou Álex de la Iglesia, pero quizais o papel que lle deu máis popularidade a nivel español foi o de Ofelia nas dúas adaptacións cinematográficas de Mortadelo e Filemón. A primeira, dirixida por Javier Fesser en 2003, valeulle un nomeamento á mellor actriz secundaria pola Unión de Actores. Tamén en 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Pujalte e María Bouzas e o actor Sergio Pazos.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actriz secundaria | Os mortos van á présa | Nomeada |