Beatrix Potter | |
---|---|
Nome completo | Helen Beatrix Potter |
Nacemento | 28 de xullo de 1866 |
Lugar de nacemento | South Kensington e West Brompton |
Falecemento | 22 de decembro de 1943 |
Lugar de falecemento | Near Sawrey |
Causa | pneumonía |
Nacionalidade | Reino Unido e Londres |
Alma máter | governança |
Ocupación | escritora, ilustradora, pintora, escritora de literatura infantil, micóloga, ilustrador científico, botánica, novelista e conservacionista |
Pai | Rupert Potter |
Nai | Helen Leech |
Cónxuxe | William Heelis |
Irmáns | Walter Bertram Potter |
Coñecida por | A História do Pedro Coelho, The Tale of Squirrel Nutkin, The Tailor of Gloucester, The Tale of Benjamin Bunny, The Tale of Two Bad Mice, The Tale of Mrs. Tiggy-Winkle, The Tale of the Pie and the Patty-Pan, The Tale of Mr. Jeremy Fisher, The Story of a Fierce Bad Rabbit, The Story of Miss Moppet, The Tale of Tom Kitten, The Tale of Jemima Puddle-Duck, The Tale of Samuel Whiskers or The Roly-Poly Pudding, The Tale of the Flopsy Bunnies, The Tale of Ginger and Pickles, The Tale of Mrs. Tittlemouse, The Tale of Timmy Tiptoes, The Tale of Mr. Tod, The Tale of Pigling Bland, Appley Dapply's Nursery Rhymes, The Tale of Johnny Town-Mouse, Cecily Parsley's Nursery Rhymes, The Tale of Little Pig Robinson, The Tale of Kitty-in-Boots, The Fairy Caravan e The Sly Old Cat |
Na rede | |
http://www.peterrabbit.co.uk/potters-world-life.asp | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Helen Beatrix Potter, nada en Londres o 28 de xullo de 1866 e finada en Sawrey (Lancashire) o 22 de decembro de 1943, foi unha escritora, ilustradora, fabulista de literatura infantil[1] e naturalista inglesa. O seu personaxe máis famoso é Peter Rabbit.
O pai de Potter, Rupert Potter, era avogado, aínda que pasaba a maior parte do seu tempo en clubs de cabaleiros, sen exercer a profesión.[2] A súa nai dedicábase a facer e recibir visitas.[3] Ambos os proxenitores eran entendidos en arte[4] e vivían das herdanzas das súas respectivas familias.[5][6] Beatrix e o seu irmán Bertam foron educados por neneiras e institutrices.[7][8] Cando medrou, os seus pais, encargárona do fogar, dificultando o seu desenvolvemento intelectual.[9] Un tío seu intentou que ingresase como estudante no Real Xardín Botánico de Kew, mais foi rexeitada por ser muller.
Animárona a publicar o seu relato The Tale of Peter Rabbit, mais tivo que loitar para atopar un editor ata que por fin foi aceptado en 1902. O libro e as obras que o seguiron foron moi ben recibidos e comezou a obter uns ingresos propios das súas vendas. Potter relacionouse sentimentalmente co seu editor, Norman Warne, aínda que o mantiveron en segredo porque os seus pais eran contrarios a que casase con calquera que precisase traballar para vivir. Warne faleceu de leucemia antes de que puidesen prometerse, o que agrandou a fenda que a separaba dos seus pais.
A base para os seus proxectos foron os pequenos animais que introducía furtivamente na casa ou que vía durante as vacacións familiares en Lake District ou en Escocia.[7][10] Aos 47 anos, Beatrix Potter casou co seu avogado, William Heelis, co que non tivo fillos.
Potter escribiu vinte e tres libros, que foron publicados en pequeno formato, doado de manexar e ler polos nenos. Deixou de escribir arredor de 1920 debido á súa mala visión, aínda que a súa última obra, The Tale of Little Pig Robinson, foi publicada en 1930.
Nos seus últimos anos dedicouse a unha granxa de ovellas que adquirira en Lake District; gustáballe a paisaxe e coas regalías que procedían dos seus libros, xunto coa herdanza dos seus pais, adquiriu grandes parcelas de terra, que logo herdou o National Trust.[11] Faleceu en Sawrey (Lancashire) o 22 de decembro de 1943.
En 1971 estreouse o ballet The Tales of Beatrix Potter, dirixido por Reginald Mills, con música de John Lanchbery con coreografía de Frederick Ashton, e interpretado por primeira vez polo Royal Ballet e a orquestra da Royal Opera House.
En 1982, a BBC produciu The Tale of Beatrix Potter. Esta dramatización da vida de Potter foi escrita por John Hawkesworth, dirixida por Bill Hayes, e protagonizada por Holly Aird e Penelope Wilton como Beatriz de moza e de adulta, respectivamente. The World of Peter Rabbit and Friends, serie de televisión protagonizada por Niamh Cusack como Beatrix Potter, foi estreada en VHS.
En 2006, Chris Noonan dirixiu Miss Potter, filme biográfico da vida de Potter centrándose nos inicios da súa carreira e na súa relación co seu editor Norman Warne. Está protagonizado por Renée Zellweger, Ewan McGregor e Emily Watson.
O 9 de febreiro de 2018, Columbia Pictures estreou Peter Rabbit, dirixido por Will Gluck, baseado na obra de Potter.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beatrix Potter |
This year (2014), the works of one of the most successful and universal writers of all time came into the public domain in many countries around the world.